Santa María de Folgoso é unha parroquia do concello de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE en 2012 tiña 145 habitantes (77 mulleres e 68 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 194 habitantes.
Patrimonio Hai dous grandes penedos na beira do río Lérez que rodaron dende o alto e que teñen inscricións rupestres. Hai un castro de tempos protohistóricos no lugar de Vilariño.
A igrexa de Santa María de Folgoso levántase sobre un primitivo templo románico fundado por Carboeiro. Tamén hai dous cruceiros, un no campo das procesións, tallado polo mestre José Benito de Castro, e outro situado na banda esquerda da estrada xeral de Pontevedra a Ourense coa imaxe de Santo Antón.
O portón da casa dos Taboada ten unha figura de Santa Bárbara e dous Gardas civís, obra dos Ramos, de Pontevedra.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Folgoso
Parroquias de Cerdedo Cotobade
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade
Categoría:Parroquias de Cerdedo Cotobade Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María