miniatura|dereita|Tres "henges", círculos concéntricos, en liña. Henges de Thornborough en Masham, North Yorkshire, Inglaterra.

Un henge é un tipo de construción neolítica consistente en movementos de terra en forma de recinto circular peraltado cunha canle interna.

Características O termo henge foi empregado por primeira vez en 1932 por Thomas Kendrick tomando a raíz do topónimo Stonehenge, e que procede do inglés antigo heng, que significa "suspenso" ou "pendurado".

Existen tres tipos de henges: Henge: duns 20 a 300 m de diámetro. Adoitan ter pequenas evidencias de ocupación no interior e estruturas rituais como círculos de pedra. Mini henge: de 5 a 20 m de diámetro. Tamén chamados monumento hengiforme ou henge de Dorchester. Super henge ou recinto-henge (henge enclosure en inglés) presentan mostras de ocupación e adoitan ter máis de 300 m de diámetro.

Henges en Galicia miniatura|esquerda|Imaxe do Henge de Roda (Barreiros)

Téñense localizado en Galiza, máis de 48 posíbeis construcións destas características, se ben a maioría permanecen sen investigar.

En San Pedro de Benquerencia, Barreiros, localizáronse en 2006 os restos dun círculo lítico duns 50 metros de diámetro durante a construción da Autovía do Cantábrico. O henge de Roda ten uns 3 700 anos de antigüidade. Esta construción consta dun foxo exterior de entre tres e catro metros de diámetro e un metro de profundidade. O círculo está formado por dous muros, entre os cales se depositou terra do foxo, formando así o parapeto. Tería no punto máis alto probablemente os tres metros. Consérvase a zona de entrada, de entre metro e medio e dous metros, orientada ao noroeste. Xunto á entrada hai unha pedra que podería ser un dos menhires que delimitaban o acceso.

Outro henge podería estar en Coeses (Lugo), o Henge de Lavandeiras, índa sen estudar. En San Bartolomeu de Xove, nas obras do corredor San Cibrao-Ferrol foi atopada unha formación similar ás anteriores.

Notas

Categoría:Megalitismo