San Mamede da Agüela (oficialmente até 2026, Agüela (San Mamede)) é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 46 habitantes (27 mulleres e 19 homes), 22 menos ca en 1999. Ten catro entidades de poboación.
Xeografía Situada no suroeste do concello de Antas de Ulla, limita co concello de Rodeiro.
Toponimia
Por un lado, o topónimo A Agüela podería proceder do termo "auga" co diminutivo -ella, referido a un manancial ou un regato pequeno. A segunda parte do topónimo, San Mamede, é un haxiotopónimo que fai referencia a Mamede de Capadocia.
Patrimonio Igrexa de San Mamede da Agüela, dunha soa nave, á que se lle engadiron dúas capelas laterais e o presbiterio cadrado, máis elevado.
Festas Festas patronais na honra de San Lázaro.
Lugares e parroquias Lugares de San Mamede da Agüela
Parroquias de Antas de Ulla
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Antas de Ulla
Categoría:Parroquias de Antas de Ulla Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede