José Vázquez Mauriz, coñecido como Patitas, nado en Mugardos o 6 de xuño de 1905 e finado en 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Afiliado ao PCE. Coxo (de aí o alcume), escapou ao monte ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Foi procesado por rebelión militar en 1937 e declarado en rebeldía.La Voz de Galicia, 29-6-1937, p. 6. Foi o coordinador dos primeiros grupos guerrilleiros da comarca do Eume. Unha ferida recibida durante a guerra deixouno mancando. Ferido en 1945, foi curado por un médico de Pontedeume. Pertenceu á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, no mesmo grupo que Ramiro Martínez López. Con Adolfo Allegue Allegue participou na execución do xefe local da Falange de Mugardos Esteban Cortizas Vilar o 23 de xaneiro de 1946. Negouse a marchar a Francia en 1946. Defensor da unidade de acción sen ter en conta a filiación política, foi eliminado a finais de 1947 por orde do responsable Francisco Rey Balbís, ao que se tiña oposto moitas veces. Segundo outras fontes, tería sido executado polos seus compañeiros como consecuencia dunha violación.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes