Antonio Gallego Durán, nado en Mugardos e finado no mesmo concello o 8 de agosto de 1936, foi un mergullador galego.

Traxectoria Militante do Partido Republicano Radical Socialista. Foi asasinado na súa vila natal xunto co seu irmán Manuel Gallego Durán o 8 de agosto de 1936 cando tiña 38 anos. O seu cadáver apareceu no lugar da Igrexa da parroquia de Piñeiro.

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos