Josefa Escourido Cobo, coñecida como Xosefa da Lúa, nada en Atián (Miñotos, Ourol) o 29 de marzo de 1910 e finada en Silán (Muras) o 21 de xuño de 1949, foi unha guerrilleira antifranquista galega.

Traxectoria Traballaba como xornaleira. Enlace da guerrilla. Trala caída do seu fillo Benedicto Escourido Cobo xunto con José Porto Lestegás o 2 de outubro de 1948, a Garda Civil presentouse na súa casa co fin de trasladala ao cuartel da Brigadilla de Viveiro para que declarase, mais fuxiu mentres agardaban a que se mudase de roupa. Botouse ao monte. Foi abatida nun enfrontamento coa Garda Civil en Forcón (Silán, Muras) o 21 de xuño de 1949 con José Pedreira de la Iglesia, Juan Gallego Abeledo, Juan Pérez Dopico e Celia González Pernas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Ourol Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes