Xosé María López, nado en Vilaboa (antigo concello de Viloudriz, hoxe A Pontenova) o 23 de xaneiro de 1884 e finado na mesma parroquia o 9 de xaneiro de 1931, foi un crego e escritor galego. Ricardo Carballo Calero encádrao nos tempos da literatura postrenacentista. Pode aparecer citado como Xosé María ou José María.

Traxectoria Estudou a carreira sacerdotal nos seminarios de Mondoñedo e Lugo e ordenouse presbítero en Oviedo. Exerceu de capelán castrense en diferentes lugares de España, como a Academia de Enxeñaría de Guadalaxara, e África.

En 1928 publicou Contos de pola vila, un conxunto de cadros costumistas da zona da Pontenova. Son diferentes parolas ou conversas nas noites de inverno ao redor do lume da lareira porque a intención do autor é representar anacos da vida aldeá. A lingua usada é a propia do galego oriental cos castelanismos propios da fala, cun bo repertorio léxico e de xiros populares. O autor confesa sobre a lingua que a gran mayoría dos que falando gallego, desde que nacen hasta que morren, son incapaces de lelo e inda máis de escribilo.

Carballo Calero engade que por ser editado o libro fóra de Galicia (Alcalá de Henares) hai moitos erros de imprenta que o deslocen.

Obra La cuestión social (Sevilla, 1901) Nostalgia (Sevilla, 1902; artigos, novelas curtas e poesías) Neima, la sultana de Alcazarquivir (Madrid, 1925; novela) Contos de pol-a vila ou sean parolas e comentarios feitos ô son do lume en varias cuciñas de unha aldea da provincia de Lugo, en noites de xeada (Alcalá de Henares, 1928)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados na Pontenova Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público