Quemchi é unha comuna chilena da Rexión dos Lagos, localizada na Provincia de Chiloé, cuxa capital é o pobo do mesmo nome. A comuna comprende un sector da costa nororiental da illa Grande de Chiloé, entre Ancud e Dalcahue, a illa Caucahué, o illote de Aucar e o grupo de illas Chauques, composto por Añihué, Mechuque, Voigue, Cheñiao, Butachauques, Tac e Aulín.
A comuna constitúese de: Lliuco Huite Quemchi Aucar Montemar Choen Colo Quicaví
Na mesma comuna está a vila de Quicaví, o sitio considerado en que na mitoloxía se encontra a cova dos bruxos de Chiloé.
Dentro da comuna atópanse 1 das 16 igrexas de madeira do Arquipélago de Chiloé que foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Véxase tamén
Outros artigos Illa de Chiloé Igrexas de Chiloé Mitoloxía de Chiloé
Ligazóns externas Website do Municipio de Quemchi
Categoría:Xeografía de Chile