Janet Wood Reno, nada en Miami o 21 de xullo de 1938 e finada na mesma cidade o 7 de novembro de 2016, foi a fiscal xeral dos Estados Unidos de América de 1993 a 2001. Foi proposta polo presidente Bill Clinton o 11 de febreiro de 1993 e confirmada o 11 de marzo. Foi a primeira muller que exerceu ese posto e a segunda persoa en ocupalo durante máis tempo.

Traxectoria Primeiros anos Reno naceu en Miami, Florida. A súa nai, Jane Wallace (de solteira Wood), escribía unha columna semanal de melloras no fogar no The Miami News cun pseudónimo masculino e máis tarde converteuse en reporteira de investigación para o xornal. O seu pai, Henry Olaf Reno (nacido Rasmussen), era un emigrante dinamarqués e reporteiro do Miami Herald durante 43 anos. Janet Reno tivo tres irmáns máis novos: Mark, o escritor Robert Reno e Maggy Hurchalla. A familia mudouse a unha propiedade próxima aos Everglades cando Reno tiña 8 anos, vivindo nunha casa construída pola súa nai.

Reno asistiu á escola pública no condado de Miami-Dade en Florida. En 1956 accedeu á Universidade Cornell en Ithaca, Nova York, escollendo como materia a química. Viviu en Balch Hall e converteuse en presidenta da Asociación de Auto-Goberno de Mulleres.

En 1960, foi admitida na Escola de Dereito de Harvard como unha das seis mulleres nunha clase de máis de 500 estudantes. Obtivo o título en dereito tres anos despois.

Carreira Reno foi nomeada Directora do Comité Xurídico da Casa de Representantes de Florida en 1971, axudando a revisar o sistema de cortes de Florida. En 1973 aceptou un posto na oficina do Fiscal no condado de Dade. Deixou a fiscalía en 1976 para asociarse cunha firma privada de avogados, Steel, Hector & Davis.

En 1978 foi nomeada fiscal de estado de Dade. Foi electa en novembro de 1978 e reelecta catro veces máis. Axudou a reformar o sistema de xustiza xuvenil e perseguiu morosos para que cumprisen os pagamentos de manutención dos seus fillos. Tamén estableceu a Corte de Drogas de Miami. Durante a súa época no condado de Dade, foi a avogada principal nun caso de brutalidade policial, no que cinco policías brancos golpearon ata a morte o vendedor de seguros negro Arthur McDuffie.

Durante o tempo en que Reno foi fiscal do estado, comezou o que a serie da PBS Frontline describiu como "cruzada" contra os acusado de abuso infantil.Transcript of Frontline episode "Did Daddy Do It", PBS (25 de abril de 2002) Estivo involucrada no proceso xudicial de Bobby Fijnje de 13 anos, acusado de abusos cometidos durante ritos satánicos, quen foi absolto máis tarde.

Fiscal xeral En 1993, Reno foi nomeada e confirmada como a primeira fiscal xeral dos Estados Unidos baixo o mandato de Bill Clinton, tras ser rexeitadas previamente Zoe Baird e Kimba Wood cando se revelou que ambas empregaran mulleres con status ilegal como neneiras. Reno permaneceu como fiscal xeral durante o resto da presidencia de Bill Clinton, converténdose na fiscal xeral que máis tempo permaneceu no posto dende William Wirt en 1829.

Mentres Clinton podía mediar os asuntos económicos entre membros do seu propio Partido Demócrata e o Congreso Republicano, o traballo de Reno estaba no centro dunha gran variedade de inextricables conflitos culturais. Isto fixo que fose o albo de críticas da dereita na administración Clinton, que denunciaban o goberno federal como unha ameaza aos fundamentos das liberdades no país.

Falecemento En 1995 foi diagnosticada coa enfermidade de Parkinson. Faleceu por complicacións desta doenza en novembro de 2016. Estiva rodeada por amigos e familia no final da súa vida, incluíndo a súa irmá Maggy e a súa afillada.

Vida persoal Reno nunca casou nin tivo fillos. Reno recibiu clases de lingua castelá durante o período en que foi fiscal do estado. Permaneceu activa tras ser diagnosticada con párkinson en 1995, mesmo aprendendo a patinar en liña o ano seguinte. Trala morte da súa nai en 1992, Reno herdou a casa da súa infancia. En resposta a un sketch do Saturday Night Live de 1998 que a retrataba como solitaria, o o antigo director de asuntos públicos do Departamento de Xustiza Carl Stern fixo, "tanto en Florida como en Washington ten grandes amigos, os que visita nas súas casas e vai ao teatro, o seu carné de baile está cheo".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Appearances in C-SPAN

Categoría:Nados en Miami, Florida Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Fiscais dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Cornell Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Estadounidenses de ascendencia dinamarquesa Categoría:Finados por párkinson