Ariamnes II (en grego Aριάμνης), finado no 230 a. C., foi un gobernador e rei de Capadocia dende o 280 a. C. até aproximadamente o 230 a. C.; sucedeu ao seu pai Ariarates II.
Traxectoria O seléucida Antíoco I Soter ("o Salvador") continuou o traballo do seu pai e foi recoñecido entódolos seus dominios, e no 280 a. C. enviou un exército a Capadocia que non o recoñeceu, polo que ocupou o país. Ariarates II fuxiu cara a Armenia onde foi acollido polo rei Adrat. Finalmente, Antíoco, aceptará que o fillo de Ariarates, Ariamnes, poida recuperar o título de sátrapa.
Non foi até o 256 a. C. que conseguiu de Antíoco II Theos, de Siria a independencia para o seu reino e o dereito a levar o título de Rei. Para iso, estableceu unha alianza con Antíoco na que casou a seu fillo, Ariarates III, con Estratonice III,Guillemin (1858), p. 182 filla de Antíoco. Daquela, gobernou co seu fillo Ariarates III asociado ao trono,Feller (1838), p. 231 até o 230 a. C. cando morreu.
Favoreceu a helenización e crese que é foi o fundador do estado de Capadocia. Probablemente, foi o primeiro en obter a independencia de Capadocia do imperio seléucida.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lista de gobernantes de Capadocia
Categoría:Capadocia Categoría:Reis de Capadocia Categoría:Historia de Turquía Categoría:Imperio Seléucida Categoría:Nados en ano descoñecido