José Rodríguez Carballeira, nado en Betanzos o 14 de decembro de 1895 e finado en Barcelona o 24 de outubro de 1954, foi un músico galego. Destacou fundamentalmente como pianista, pero tamén como compositor e violinista.
Traxectoria miniatura|esquerda|Pepito Arriola (1901) Fillo de Josefa Rodríguez Carballeira, nai solteira. Foi inscrito no rexistro en Betanzos cos apelidos de súa nai ao non ter pai coñecido. Porén, sempre o chamaron polo segundo apelido do avó materno, de orixe vasca. Cando súa nai marchou a Madrid quedou ao cargo da irmá desta, Aurora Rodríguez Carballeira (nai de Hildegart, curmá de Pepito), quen o educou.
Tras descubrir as súas habilidades, a nai levouno a Madrid a comezos de novembro de 1899, onde comezou unha fulgurante carreira como neno prodixio tocando o piano. O seu primeiro recital foi o 4 de decembro de 1899 na casa dos señores Montano, ao que asistiron unhas 300 persoas. O programa incluíu a Marcha Real e a Alborada de Pascual Veiga. Tocou no Ateneo o 2 de febreiro de 1900 e ese mesmo ano deu un concerto con seis obras de seu no Palacio Real. A raíña amadriñou o neno e pagou os seus estudos musicais.
A nai e o rapaz trasladáronse a Alemaña en 1902. Arriola estudou no conservatorio de Berlín con Richard Strauss e tocou coa Orquestra Filharmónica de Berlín baixo a dirección de Nikisch. Foi elixido pianista da corte de Guillerme II.
Deu xiras por todo o mundo con enorme éxito, tocou nos Estados Unidos (na Metropolitan Opera e no Carnegie Hall, entre outros) e realizou unha extensa xira por Cuba en 1910. Foi unha das grandes figuras da música alemá da época.
En 1946 tivo que volver a España, onde xa non volveu ter éxito. Morreu na miseria, aos cincuenta e nove anos de idade, nun apartamento alugado na rúa Sans de Barcelona.
Obra Aurora, habanera (piano) 1898 Impresiones argentinas (piano), publicadas en "Mundial Música, ano I, nº 8-9 (agosto-setembro 1916), 1916 Hommage à Manuel de Falla/Homenaxe a Manuel de Falla (piano), 1942
Postumamente descubríronse 11 obras escritas en Barcelona tras o seu regreso: miniatura|300px|Imaxe da Rondalla Airiños da Miña Terra de Ferrol, da que Pepito foi parte Divertimento concertante para 2 pianos e orquestra de cordas con frauta obrigada, 1946 Tres textos cervantinos para voces e orquestra (: 2333-4231-Tp.-Cordas), 1946 I: "Aqui lloró Don Quijote", para Soprano, Contralto, Barítono e Baixo. II: "Mal me guardaréis", para Soprano III: "Marinero soy de amor", para Barítono Tres textos cervantinos, redución para 2 pianos, 1947 Concerto para corno (trompa) e orquestra (: 2022-0000-Tp.-Cordas), 1948 Schlichte Weise para violín e piano, 1948 Song para Soprano e piano (texto de Christina Georgina Rossetti), 1948 Don Quixote in DM, 1949 Seis poesías de Antonio Machado para Baritono e orquestra (: 2222-4231-Tp., perc.-Cordas), 1949 Cuarteto en Dó maior para cordas, 1949 Pequena serenata para cello e piano, 1951 Concertino para piano e orquestra (: 2332-4131-Tp.-Cordas), 1953
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Pianistas de Galicia Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Violinistas de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1954