Fransis Qalabat (en ), nado en Kuwait o 13 de maio de 1970, é un eclesiástico católico caldeo, máis coñecido como Francis Kalabat. Dende 2014 bispo de San Tomé Apóstolo de Detroit.

Traxectoria Naceu en Kuwait o 13 de maio de 1970, mais medrou en San Diego. O 5 de xullo de 1995 foi ordenado sacerdote polo bispo de San Tomé Apóstolo de Detroit Ibrahim Namu Ibrahim. Posteriormente exerceu como párroco asociado da parroquia da Nai de Deus de Southfield, e posteriormente párroco da de San Tomé en West Bloomfield.

O 3 de maio de 2014 foi nomeado bispo de San Tomé Apóstolo de Detroit. Foi ordenado bispo o 14 de xuño do mesmo ano na catedral da Nai de Deus de Southfield, polo patriarca Luís Rafael I Saku e tendo como coordenantes o seu predecesor Ibrahim Namu Ibrahim e o arcebispo latino de Detroit Allen Henry Vigneron.

Entre o 9 de agosto e o 29 de novembro de 2017 foi administrador apostólico da diocese de Toronto.

Notas

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Kuwait Categoría:Bispos católicos de Kuwait Categoría:Bispos católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Bispos da Igrexa católica caldea Categoría:Bispos católicos do século XXI