Susana Ventura, nada en Barcelona o 14 de xaneiro de 2000, coñecida artisticamente polo monónimo Suu, é unha cantautora catalá que se fixo coñecida inicialmente na rede social Instagram.
Traxectoria
En 2018, lanzou o álbum Natural e recibiu o premio Enderrock á mellor artista revelación. En xaneiro de 2020 publicou Ventura, o seu segundo disco, con oito cancións en castelán e unha en catalán. Discografía
Natural (2018) Ventura (2020) Karaoke (2022)
Notas
Categoría:Cantantes de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 2000