Ángel Verdes Saavedra, nado en Castromaior (Abadín) cara a 1886, foi un labrego e político galego.

Traxectoria Labrego de Castromaior (Abadín). Vicepresidente da Sociedad Alianza de Agricultores. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro en febreiro de 1924 e elixido primeiro tenente alcalde na corporación presidida por José María Rivas Losada.El Progreso, 19-2-1924, p. 2. Nas eleccións municipais de abril de 1931 foi elixido concelleiro pola Derecha Liberal Republicana e membro da Comisión Xestora presidida por Rosendo Alonso.El Pueblo Gallego, 26-5-1931. Tomou posesión como membro da nova Comisión Xestora o 28 de maio.El Progreso, 31-5-1931, p. 4. Despois foi militante de Izquierda Republicana e logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi reposto no cargo de concelleiro e elixido alcalde en abril nun acto presidido polo delegado gobernativo Leopoldo Rojo Iglesias.El Pueblo Gallego, 17-3-1936, p. 15. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expendientado e sancionado por responsabilidades políticas.BOP Lugo, 21-6-1941, p. 2.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Alcaldes de Abadín

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Abadín

Categoría:Nados en 1886

Categoría:Finados en ano descoñecido