Eborico ou Eurico (583-584) foi un rei suevo de Galicia. Sucedeu ao seu pai Miro trala súa morte. Forzado polo acoso militar viuse obrigado a asinar un pacto no que recoñecía a superioridade política do rei visigodo Leovixildo, provocando a sublevación de parte da aristocracia galaico-sueva encabezada polo nobre Andeca que non debeu aceptar submisión algunha a Toledo. Por este motivo, Eborico foi apresado e encarcerado nun mosteiro. Derrocado, Andeca casou pola forza coa raíña (talvez a viúva de Miro ou a esposa de Eborico) proclamándose novo rei de Galiza.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía López Carreira, A; Fernández Calo, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 8496203271.

Outros artigos Lista de monarcas de Galicia Reino Suevo Lista de reis suevos Suevos

Categoría:Reis suevos Categoría:Reis de Galicia