Ikal Angelei, nada en Kitale, é unha política e ecoloxista kenyana. Foi galardoada co Premio Ambiental Goldman en 2012, en particular pola súa denuncia en nome das comunidades indíxenas de Kenya sobre as implicacións ambientais do encoro Gilgel Gibe III, ao longo do río Omo,.
Desde 2009 é a fundadora da organización Friends of Lake Turkana, onde loita pola xustiza ambiental, económica e social na rexión ao redor do lago Turkana. Este lago é Patrimonio Mundial da Humanidade da UNESCO e as autoridades etíopes impulsaron o proxecto da presa sen consultar ás comunidades indíxenas. Reuniuse coas autoridades e parlamentarios kenyanos e avogou no Banco Mundial, o Banco Europeo de Investimentos e o Banco Africano de Desenvolvemento para convencelos da desestimación do financiamento solicitado polos gobernos de Kenya e Etiopía.
Notas
Categoría:Nados en Kenya Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Políticos de Kenya Categoría:Ecoloxistas de Kenya Categoría:Premio Medioambiental Goldman