Adjany Costa, nada en Huambo en 1989, é unha bióloga mariña e conservacionista angolana que desempeñou o cargo de Ministra de Cultura, Turismo e Medio Ambiente do seu país.
Traxectoria Costa ten un máster universitario e está a traballar para obter o seu doutoramento na Universidade de Oxford. É exploradora da revista National Geographic, e apareceu no documental de 2019 Into the Okavango sobre o delta do Okavango.
En abril de 2020, Costa foi nomeada Ministra de Cultura, Turismo e Medio Ambiente de Angola, converténdose na ministra máis nova na historia do seu país. En outubro dese mesmo ano, foi apartada do posto polo presidente João Lourenço e reasignada como asesora do mesmo.
Recoñecementos Costa foi a gañadora en 2019 do premio Novos Campións da Terra en representación do continente africano do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente. Ese mesmo ano, recibiu a Primeira Orde do Mérito Civil angolano en recoñecemento ao seu traballo de conservación comunitaria en colaboración co pobo Luchaze das terras altas orientais de Angola e o delta do Okavango.
Notas
Categoría:Políticos de Angola Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Angola Categoría:Ecoloxistas