miniatura|dereita|William Klein William Klein, nado en Nova York o 19 de abril de 1926 e finado en París o 10 de setembro de 2022, foi un pintor, director de filmes e fotógrafo estadounidense que porén desenvolveu case toda a súa carreira en París, onde vive. Foi alcumado bad boy.

Destacou fundamentalmente como fotógrafo, especialmente das series dedicadas ás grandes cidades: Nova York, Roma, Moscova, Tokyo e París, onde viviu dende 1948. Se houbese que sinalar unha imaxe de Klein sobre todas as demais estaría sen dúbida a titulada Gun 1 pertencente á serie de Nova York, e na que se pode ver un neno apuntando cunha pistola directamente á cámara. O seu traballo influíu noutros artistas como Helmut Newton, Frank Horwath, David Bailey ou Jeanloup Sieff e tamén deixou unha forte pegada na fotografía de moda.

Traxectoria Fillo dunha familia de inmigrantes xudeus en Manhattan, Nova York, William Klein estudou socioloxía e con dezanove anos marchou para París co exército estadounidense, onde chegou o 13 de xullo de 1947. Na capital francesa entrou primeiramente no obradoiro de André Lhote (coma Henri Cartier-Bresson), e logo no de Fernand Léger.

Logo iniciou a súa carreira fotográfica, e asemade foi dando os seus primeiros pasos no cinema con curtametraxes individuais ou dirixidas con Louis Malle. A principios dos anos cincuenta, Klein expuxo pinturas xeométricas abstractas, na liña de Léger. Pero tamén foi nese tempo onde realizou as súas obras mestras na fotografía.

Entre 1954 e 1955 obtivo as imaxes da súa serie de Nova York, que revolucionaron as publicacións fotográficas pola súa mestura de poesía, humor negro e crítica social. Innovou na técnica, incorporando graos, borrosos, encadramentos nesgados... pero tamén no procedemento, pois botábase á rúa disparando ao chou, e non revisaba o traballo feito ata o día seguinte. Fronte á obxectividade, que era un dos dogmas fotográficos do momento, Klein decidiu facerse ver, intervir e poñer en evidencia a actitude da xente fronte á cámara.

O libro, editado nun formato peculiar, con grandes tipografías e distribuíndo varias imaxes na mesma páxina a xeito de tira cómica, Klein tentouno publicar nos Estados Unidos co título Life is good and good for you in New York (A vida é boa, e é boa para ti en Nova York). Así que se publicou ao ano seguinte, 1956, en París, en edición francesa pero con coedicións en inglés e italiano. A obra obtivo o prestixioso Premio Nadar en 1957.

Paralelamente Klein seguiu desenvolvendo o seu labor como cineasta, e foi chamado por Federico Fellini para que fose o seu asistente. Dese tempo é precisamente o álbum Roma (1958). Na súa carreira, como director, que comezou nese ano con Broadway á noite, destacaron os documentais políticos, especialmente sobre persoeiros negros, e os filmes publicitarios.

En 1983 e en 2005, o Centre Pompidou consagroulle senllas exposicións. As súas imaxes de Nova York puidéronse ver en Santiago de Compostela entre abril e xuño de 1997.

Obra

Documentais Broadway by Light (1958) Les troubles de la circulation (1962) Le buisness et la mode (1962) Les français et la politique (1962) Gare de Lyon (1963) Aux grands magasins (1964) Loin du Viêt Nam (1967) : filme colectivo (Godard, Marker, Lelouch...) Muhammad Ali, the Greatest (1969) : Float Like a Butterfly, Sting Like a Bee Eldridge Cleaver' (1970) : Les black PanthersHollywood, California: A Loser's Opera (1977)Grands soirs & petits matins (1978) :The Little Richard Story (1980) : comme son nom l'indiqueThe French (1982)Contacts (1983)Ralentis (1984)Mode in France (1984)Babilée '91 (1992) : balé filmadoIn and out of fashion (1994)Le Messie (1999) : sobre o Mesías de Händel

Filmes de ficciónQui êtes-vous, Polly Maggoo? (1966) : sátira ambientada no mundo da moda (Pemio Jean Vigo)Mr. Freedom (1969)Le Couple témoin (1977)

ÁlbumsNew York (1956)Life is good and good for you in New-York : Trance Witness Revels (1958)Rome (1958)Moscou (1964)Tokyo (1964)Mister Freedom" (1970) Close up (1989) Torino '90 (1990) Mode in & out (1994) New York 1954-55 nova edición aumentada (1995) William Klein Films (1998) Paris + Klein (2002) MMV Romani (2005) William Klein, rétrospective (2005) Notas

Categoría:Fotógrafos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en Nova York