Helga de Alvear, nada en Kirn (en Renania-Palatinado, Alemaña) en 1936 e finada o 2 de febreiro de 2025, foi unha galerista e coleccionista de arte alemá.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Estudou no Salem College no lago Constanza, así como en Lausana, Xenebra e Londres.
Chegou a España en 1957 para aprender castelán e estudar Cultura Hispánica na Complutense de Madrid. Pouco despois, en 1958, coñeceu o arquitecto Jaime de Alvear con quen casou en 1959, fixando a súa residencia en Madrid, e tivo tres fillas.
Carreira profesional En España iniciou e desenvolveu a súa actividade profesional internacional. O comezo da actividade como coleccionista prodúcese en 1967 cando coñeceu a Juana Mordó e entrou en contacto cos artistas do Grupo de Cuenca e co Grupo El Paso e fai a súa primeira adquisición, unha pintura de Fernando Zóbel, pagada a prazos.
En 1980, pasou a traballar na galería de Juana Mordó e, pouco despois, foi unha das impulsoras da Feira de Arte Contemporánea de Madrid, ARCO.
En 1984. ao morrer Mordó, se converte na directora da galería desta e, en 1995, decide crear a súa propia galería a poucos metros co Museo Raíña Sofía, dedicada á arte contemporánea internacional, interesándose na fotografía, no vídeo e nas instalacións.
En 2006, crea a Fundación Helga de Alvear; en 2010, o Centro de Artes Visuales e, en 2021, inaugura o Museo de Arte Contemporánea Helga de Alvear, en Cáceres que é a máis importante colección privada de arte contemporánea de España con máis de 2.500 pezas de diferentes artistas como: "Descending Light" de Ai Weiwei, "Expand Constantly" de Zhang Peili, "Faux Rock" de Katharina Grosse, "Trois pommes sur un plateau" de Picasso, un libro de gravados de Goya, que inclúe unha primeira edición dos "Caprichos" (da que non hai máis que vinte exemplares no mundo).
Premios e recoñecementos
2007, Medalla de Extremadura. 2008, Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes do Ministerio de Cultura de España. 2011, Medalla de Ouro de Cáceres. 2011, Premio AD, Premio Especial da Redacción Architecture Digest. 2012, Premio da Fundación Arte e Mecenazgo na categoría Coleccionista. 2014, Cruz de la Orden del Mérito Civil (Bundesverdienstkreuz am Bande) concedida por Alemaña. 2015, Medalla de Ouro de Madrid. 2017, Premio "A" ao coleccionismo ARCO 2017. 2020, Medalla Internacional das Artes da Comunidade de Madrid 2020. 2021, Académica de honor de Real Academia das Letras e as Artes de Extremadura. 2023, Premio Patrimonio 2023, que concede o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade. 2023, Premio Ceán Bermúdez das Artes na Real Academia de San Fernando.
Notas
Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Nados en Kirn, Renania-Palatinado Categoría:Nados en 1936
Categoría:Finados en 2025
Categoría:Coleccionistas de arte