Elena Abramovna Fatalibekova (, de nacemento Rubtsova) nada en Moscova o 4 de outubro de 1947, é unha xadrecista rusa, Gran Mestra Feminina (WGM) dende 1977.

Traxectoria É filla da catro veces campioa mundial feminina Olga Rubtsova. O seu primeiro grande éxito foi a vitoria compartida do Campionato Feminino Junior da URSS en 1963.

En 1970 Fatalibekova quedou segunda nun torneo internacional feminino en Tbilisi e o ano seguinte gañou un torneo internacional en Cheliabinsk. Recibiu o título de Mestra Internacional Feminina en 1970. En 1974 Fatalibekova gañou o Campionato Feminino da URSS.

En 1976 gañou o Interzonal Feminino de Tbilisi (por diante de Maia Chiburdanidze). En Sochi 1977 Fatalibekova venceu na primeira rolda a Valentina Kozlovskaia por 6-2 (+4 −0 =4), mais perdeu na semifinal ante Alla Kushnir en Berlín Occidental por 3½-6½ (+2 −5 =3). Recibiu o título de Gran Mestra Feminina en 1977.

Fatalibekova non puido repetir ese éxito en posteriores edicións. En 1979 ficou 6ª no Interzonal Feminino en Alacant. En 1982 obtivo o 8º posto no Interzonal Feminino en Bad Kissingen.

En 1994 Fatalibekova competiu na 31ª Olimpíada de Xadrez co equipo feminino ruso, con xogadoras como Irina Kriukova, Galina Strutinskaia e Tatiana Roschina. Gañou en tres ocasións o Mundial Sénior de Xadrez Feminino (2000, 2001 e 2004) e en dúas ocasións o Campionato Europeo Sénior de Xadrez Feminino (2007 e 2008).

Notas

Categoría:Xadrecistas de Rusia Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Moscova