Lycaena hippothoe é unha especie de insectos lepidópteros, en concreto de bolboretas da familia Lycaenidae.http://www.eurobutterflies.com/sp/hippothoe.php Lycaena hippothoe (en)

Foi descrita por Linnaé en 1761.

Descrición A envergadura é de 28 a 38 mm, algúns machos desta especie poden ser absolutamente impresionantes, cunha rica cor alaranxada avermellada con toques púrpura iridescente.http://www.asturnatura.com/especie/lycaena-hippothoe.html Lycaena hippothoe - fotografías

Distribución Voa na Europa do Norte, sur dos Urais e no macizo de Altái, límite co río Amur, ausente nas illas británicas, noroeste de Francia, Italia e Grecia. En España distribúese pola súa zona norte, dende Galicia, Asturias, cordilleira Cantábrica ata os Pireneos, Serra da Demanda e Moncayo. Voa a uns 1500 metros podendo chegar ata os 2500 metros en ladeiras de montañas.http://www.lepiforum.de/lepiwiki.pl?Lycaena_Hippothoe Lycaena Hippothoe (de)

Período de voo Univoltina, segundo a zona de Europa pode ser bivoltina, como Europa do Leste. De xullo a mediados de setembro.

Hábitat Prados húmidos alpinos, enchoupados, turbeiras.

Bioloxía As súas plantas hospedeiras son Rumex acetosa, Rumex hydrolapathum, Rumex confertus, Polygonum bistorta, en Rusia, hibernando como larva nova.

Notas

Categoría:Animais descritos en 1761 Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia