A marabillosa historia de Henry Sugar (en , ou sinxelamente The Wonderful Story of Henry Sugar), é unha curtametraxe estadounidense escrita, coproducida e dirixida por Wes Anderson. Baséase na historia de 1977 "The Wonderful Story of Henry Sugar" de Roald Dahl. É a segunda adaptación cinematográfica dunha obra de Dahl por parte de Anderson, logo de Fantastic Mr. Fox (2009). Está protagonizado por Benedict Cumberbatch xunto con Ralph Fiennes, Dev Patel, Ben Kingsley e Richard Ayoade. Conta a historia dun home rico que descobre a existencia dun gurú da clarividencia que podía ver sen usar os seus ollos a través do poder dunha forma particular de ioga, e despois proponse dominar a habilidade para facer trampas nos xogos de azar.

O filme é a primeira dunha serie de catro curtametraxes adaptadas de historia de Dahl, incluíndo "The Swan", "The Rat Catcher" e "Poison". O desenvolvemento do proxecto comezou en xaneiro de 2022. A fotografía principal tivo lugar en Londres ese mes. A marabillosa historia de Henry Sugar foi orixinalmente unha longametraxe ata que Anderson aclarou en xuño de 2023 que sería unha colección de curtametraxes.

A marabillosa historia de Henry Sugar estreouse na 80ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 1 de setembro de 2023, e estreouse de forma limitada en cinemas o 20 de setembro de 2023, seguido da estrea en Netflix o 27 de setembro de 2023, onde conta cunha versión subtitulada en galego. As outras tres curtas de Anderson baseadas en historias de Dahl estreáronse en Netflix os días sucesivos: The Swan o 28 de setembro, The Rat Catcher o 29 de setembro e Poison o 30 de setembro.

Personaxes Benedict Cumberbatch como Henry Sugar / Max Engelman Ralph Fiennes como Roald Dahl / The Policeman Dev Patel como Dr. Chatterjee / John Winston Ben Kingsley como Imdad Khan / The Dealer Richard Ayoade como Dr. Marshall / The Great Yogi David Gant como crupier do casino

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Wes Anderson Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes baseados en obras de Roald Dahl Categoría:Filmes de 2023 con versión en galego