Italia ten unha economía industrial diversificada que pode ser dividida en dúas zonas: o norte, máis industrializado e desenvolvido, dominado por empresas privadas e onde sitúase o principal centro financeiro do país, Milán; e o sur, menos desenvolvido e agrícola, dependente de subsidios estatais, e cun desemprego máis alto, aproximadamente 20%. Por comparación cos veciños da Europa Occidental, ten un gran número de Pequenas e Medianas Empresas PMEs. O rendemento total e per cápita da economía italiana é máis ou menos igual ao de Francia ou do Reino Unido. A maior parte das materias primas necesarias para a industria e máis do 75% da enerxía son importadas.

Durante a última década, a Italia seguiu unha política fiscal apartada a fin de cumprir os criterios da Unión Económica e Monetaria e beneficiouse de taxas de xuros e de inflación máis baixas, levando á adhesión ao Euro desde o inicio, en 1999.

A performance económica de Italia veuse atrasando en relación aos seus parceiros da UE, e o actual goberno pon en práctica numerosas reformas de curto prazo destinadas a aumentar a competitividade e o crecemento a longo prazo da economía.

A pesar diso, ten andado devagar na posta en funcionamento de reformas estruturais consideradas necesarias polos economistas neoliberais, como a diminución dos impostos, a flexibilización das leis que rexen o mercado de traballo e a reforma do sistema de pensións por causa do abrandamento económico en curso e da oposición dos sindicatos.

250px|miniatura|Mapa de Italia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato