O Montreal Victoire (en francés Victoire de Montréal) é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Montreal, (Quebec, Canadá). É unha das seis franquías fundadoras da Professional Women's Hockey League (PWHL). O equipo fundouse o 29 de agosto de 2023 co nome PWHL Montreal. Dende o seu debut na PWHL está dirixido pola adestradora canadense Kori Cheverie. O equipo é propiedade do Mark Walter Group.
Se ben na tempada inaugural da PWHL Montreal xogou a maior parte dos seus partidos como local no Verdun Auditorium, disputando tamén algúns partidos no Place Bell de Laval, dende a segunda tempada da liga o equipo xoga os seus partidos como local no Place Bell, pavillón que comparte co equipos masculino do Laval Rocket da American Hockey League (AHL). O recinto foi inaugurado en 2017 e ten capacidade para 10 062 persoas.
Na tempada inaugural da liga, o daquela denominado Montreal PWHL finalizou a liga regular na segunda posición, mais caeu nas semifinais fronte a Boston (3-0). Nas tempada 2024-25 mudou o seu nome a Montreal Victoire, e esa mesma tempada gañou a liga regular, mais caeu nas semifinais contra o Ottawa Charge. En 2026 o equipo volveu gañar a liga regular, e nas series alzouse como campión da Walter Cup logo de derrotar nas finais precisamente o Ottawa Charge (3-1).
Historia Antecedentes A cidade de Montreal ten unha longa e exitosa historia no hóckey sobre xeo feminino. Xa na década de 1890 as mulleres comezaron a practicar a modalidade, e en 1894 debutou o equipo da Universidade McGill. En 1915, durante a primeira guerra mundial fundouse na cidade a Eastern Ladies Hockey League, integrada por equipos da cidade e que conseguiu unha gran popularidade e éxito comercial, aínda que coa finalización da contenda e o regreso do hóckey profesional masculino o interese na liga decaeu e acabou por desaparecer. En 1920, a aristócrata local Lady Isobel Brenda (Allan) Meredith dono a Lady Meredith Cup, que se converteu no primeiro trofeo de hóckey do mundo disputado entre mulleres.
En 1933 naceron na cidade Les Canadiennes como o equipo feminino da comunidade francófona, que durante anos mantivo unha intensa rivalidade coas Maroons, o equipo da poboación anglófona, como ocurría no hóckey masculino profesional entre os Canadiens e os Maroons, se ben os equipos femininos eran equipos afeccionados. miniatura|esquerda|250px|A Clarkson Cup nas mans de Caroline Ouellette, de Les Canadiennes de Montréal. Durante as décadas seguintes o hóckey sobre xeo feminino da cidade continuou como un deporte aficcionado ata a aparición das primeiras ligas semiprofesionais. En 1998 naceu o Bonaventure Wingstar, que posteriormente se pasaría a denominar Montreal Axion, e que competiu na National Women's Hockey League ata a disolución da liga en 2007, proclamándose campión na tempada 2005-06. Mais foi coa creación da Canadian Women's Hockey League cando chegaron os maiores éxitos para a didade no hóckey sobre xeo feminino da man das Montreal Stars, fundadas en 2007 e que logo de asociarse cos Canadiens mudaron o seu nome polo de Les Canadiennes de Montréal, que competiron ata o colapso da liga en 2019, tendo conseguido catro campionatos da Clarkson Cup.
O último equipo feminino profesional da cidade foi o Montreal Force, que se creou en 2022 como equipo de expansión da Premier Hockey Federation (PHF) e competiu unicamente durante a tempada 2022-23, xa que ao finalizar dita tempada a liga disolveuse. Durante a súua única tempada de existencia o equipo tivo un papel discreto na competición, finalizando na sexta posición da táboa con 23 puntos, só por diante das Buffalo Beauts e sen clasificarse para os play-offs.
Fundación miniatura|250px|Daniele Sauvageau, antiga seleccionadora canadense e premira directora xeral da franquía. O 29 de agosto de 2023 anunciouse que unha das primeiras seis franquías da PWHL estaría localizada en Montreal. O 1 de setembro a liga anunciou que Daniele Sauvageau, que fora seleccionadora da selección canadense, sería a directora xeral do equipo. O 13 de setembro Kori Cheverie, antiga adestradora asistente da selección canadense e a primeira muller que adestrou un equipo masculino canadense, foi nomeada primeira adestradora do equipo. As tres primeiras xogadoras que ficharon pola franquía de Montreal foron as internacionais canadenses Marie-Philip Poulin, Laura Stacey e Ann-Renée Desbiens, que asinaron co equipo quebequés o 5 de setembro de 2023. O 18 de setembro, no draft de 2023, o equipo seleccionou a 15 xogadoras máis; a súa primeira escolla (sexta no draft) foi a internacional canadense Erin Ambrose.
En outubro de 2023 Danièle Sauvageau contratou a Éric Houde, adestrador do Collège français de Longueuil, na Ligue de hockey junior AAA du Québec e antigo xogador dos Montreal Canadiens, como adestrador asistente de Kori Cheverie.
A finais de novembro de 2023 revelou que a maior parte dos partidos do equipo como local se xogarían no Verdun Auditorium, mentres que o Place Bell acollería catro partidos.
O 29 de decembro, poucos días antes do inicio da liga, a franquía anunciou que Poulin sería a capitá do equipo na súa primeira tempada, con Stacey e Erin Ambrose como capitás asistentes.
Tempada inaugural miniatura|esquerda|250px|As xogadoras do PWHL Montreal celebrando a vitoria fronte o PWHL Minnesota enn 2024. Montreal xogou o seu primeiro partido o 2 de xaneiro de 2024 fronte o PWHL Ottawa no TD Place Arena da capital canadense ante 8 318 persoas, o que supuxo un récord de asistencia a n partido de hóckey sobre xeo feminino pprofesional. Claire Dalton anotou o primeiro gol da historia da franquía. Aínda Montreal estivo dúas veces por detrás no marcador, Ann-Sophie Bettez marcou no tempo extra para asegurar a primeira vitorio do equipo por 3-2. O equipo xogou o seu primeiro partido como local o 13 de xaneiro nun Verdun Auditorium cheo ante o PWHL Boston, que se fixo coa vitoria no tempo extra por 3-2.
O 1 de febreiro celebrouse o partido das estrelas da National Hockey League no Scotiabank Arena de Toronto. Como parte do evento disputouse o Canadian Tire PWHL 3-on-3 Showcase, un partido de 20 minutos entre dous equipos coas xogadoras das seis franquías da liga. O equipo de Montreal estivo representado polas seguintes xogadoras: Marie-Philip Poulin, Ann-Renée Desbiens, Laura Stacey e Erin Ambrose.
O 6 de febreiro anunciouse que se xogarían dous partidos da PWHL en campos neutrais nas cidades de Detroit e Pittsburgh os días 16 e 17 de marzo dentro do chamado PWHL Takeover Weekend. Montreal foi un dos catro equipos participantes na xira e disputou o seu encontro no PPG Paints Arena de Pittsburgh o 17 de marzo fronte a Toronto. Toronto impúxose ante 8 850 persoas por un marcador de 2-1 para completar unha racha de 10 vitorias consecutivas e empatar con Minnesota na cabeza da clasificación, o único gol do equipo de Quebec foi obra de Kristin O'Neill.
O 16 de febreiro de 2024 Montreal visitou o PWHL Toronto no Scotiabank Arena nun partido denominado "The Battle on Bay Street". O partido estableceu un novo récord de asistenca tanto na liga como no hóckey sobre xeo feminino, cun cheo de 19&nbp;285&nbp;persoas que superou o récord previo de 18&nbp;013&nbp;persoas establecido no Campionato do Mundo de 2013 celebrado en Ottawa. Dous meses despois, o 20 de abril, Montreal recibiu a Toronto no primeiro partido celebrado on Bell Centre, vendendo todas as entradas e establecendo un novo récord de asistencia con 21&nbp;105&nbp;persoas nas bancadas. Este partido foi chamado "The Duel at the Top", cos dous equipos competindo polo primeiro posto na clasificación. Montreal conseguiu atraer grandes multitudes durante a tempada.
Montreal asegurouse unha praza para os play-offs da tempada inaugural da PWHL o 24 de abril logo de gañar a PWHL New York por 5-2. Na primeira rolda das series eliminatoria enfrontáronse a PWHL Boston, perdendo tres partidos consecutivos no tempo extra, incluída unha tripla prórroga no segundo partido das series, para quedar eliminadas da contenda. Ao final da tempada, Erin Ambrose foi nomeada mellor defensa da liga no seu ano inaugural.
Campioas da liga regular e primeira Walter Cup En setembro de 2024 o equipo anunciou que o Place Bell sería a súa sede principal para a tempada 2024-25. O Victoire tivo éxito na liga regular, finalizando na primeira posición da taboa. A capitá do equipo, Poulin, liderou a liga en goles, e posteriormente converteuse na primeira xogadora do Victoire en recibir o trofeo Billie Jean King á MVP da PWHL. Ademais, a Federación Internacional de Hockey sobre Xeo Xogadora do Ano da IIHF tanto polos seus logros co Victoire como coa selección canadense. Nos play-offs, o Victoire enfrontouse o Ottawa Charge nas semifinais, mais caeu eliminado en catro partidos (3-1).
Identidade do equipo O 14 de novembro de 2023 anunciáronse oficialmente as cores do equipo: borgoña, "area" e gris "treboada". Coma o resto das franquías fundadoras da PWHL, Ottawa operou sen unha marca propia distintiva durante a tempada inaugural da liga. Na tempada inaugural da PWHL equipo empregou un modelo de camisola similar ao empregada por todos os equipos e que amosaba o nome da cidade en diagonal na parte dianteira, e era coñecido como PWHL Montreal.
O 9 de setembro de 2024, o equipo, coñecido ata o momento como PWHL Montreal ou equipo de Montreal, adoptou oficialmente o nome de Montreal Victoire (en inglés) ou Victoire de Montréal (en francés), como chiscadela á exitosa historia da cidade no hóckey sobre xeo. Segundo un informe de The Hockey News, outros nomes que se barallaban para o equipo eran Lumieres e Metro. Ademais do nome Victoire, o equipo revelou o seu logotipo, que inclúe ass iniciais "MV" e unha flor de lis, o símbolo nacional de Quebec.
Pavillón miniatura|250px|O Montreal Victoire xoga os seus partidos como local no Place Bell de Laval. cA finais de novembro de 2023 revelou que a maior parte dos partidos do equipo como local se xogarían no Verdun Auditorium, mentres que o Place Bell acollería catro partidos.
En setembro de 2024, o equipo anunciou que o Place Bell sería o escenario principal para os seus partidos como local durante a tempada 2024-25.
Datos de asistencia O PWHL Montreal foi a terceira franquía máis exitosa da Professional Women's Hockey League en termos de asistencia na tempada inaugural da liga, cando os seus partidos rexistraron unha media de 6 881 persoas nas bancadas.
Datos de asistencia ao Place Bell Ano Asistencia media 2023-24 6 881 2024-25 8 945 2025-26 9 950
Personalidades Xogadoras Capitás Capitás do Montreal Victoire Nome(s) Período Marie-Philip Poulin 2023-
Eleccións na primeira rolda do draft miniatura|250px|Nicole Gosling, seleccionada na 4ª posición en 2025 foi a elección máis alta ata a data do Montreal Victoire.
Eleccións na primeira rolda do draft Ano Nome do xogador Posto Equipo (liga) Ref 2023 Erin Ambrose 6º Team Sonnet (PWHPA) 2024 Cayla Barnes 5º Ohio State (NCAA) 2025 Nicole Gosling 4º Clarkson University (NCAA) 2026 Petra Nieminen 12º Luleå HF (SDHL)
Adestradoras miniatura|250px|Kori Cheverie, adestradora do equipo dende a tempada inicial da PWHL. O 13 de setembro anunciouse que Kori Cheverie sería a encargada de dirixir a nova franquía de Montreal. Cheverie desenvolveu a súa carreira como xogadora na Canadian Women's Hockey League vestindo a camisola das Toronto Furies, e gañou o ouro na Universíada de 2009 coa selección do Canadá. A tempada anterior á creación da PWHL a adestradora canadense adestrara o Team Harvey da liga da PWHPA xunto con Daniele Sauvageau, e anteriormente fora adestradora asistente da selección canadense e a primeira muller que adestrou un equipo masculino canadense, ademais foi adestradora convidada dos Pittsburgh Penguins durante a tempada 2023-24 da National Hockey League.
Adestradoras do Montreal Victoire Nome(s) Período Kori Cheverie 2023-
Directoras xerais