Chadwick A. "Chad" Trujillo, nado o 22 de novembro de 1973, é un astrónomo e co-descubridor dos planetas ananos Eris e Makemake.
Traxectoria Trujillo traballa con programas informáticos e examinou as órbitas de numerosos obxectos transneptunianos (TNO), especializándose nesta área exterior do Sistema Solar . A finais de agosto de 2005, anunciouse que Trujillo, xunto con Michael E. Brown e David L. Rabinowitz, descubriu Eris. Como resultado do descubrimento do satélite natural Dysnomia, Eris foi o primeiro TNO coñecido por ser máis masivo que Plutón. O asteroide do cinto principal 12101 Trujillo foi nomeado na súa honra.
Descubrimentos Descubriu varios obxectos transneptunianos. O último gran TNO, Eris, foi considerado por el, o seu equipo, a NASA, e moitos outros como o décimo planeta do Sistema solar, pero a Unión Astronómica Internacional asignoulle o novo status de planeta anano e plutoide.
Principais achados:
Éris, con Michael E. Brown e David L. Rabinowitz Makemake, con Michael E. Brown e David L. Rabinowitz (31 de marzo de 2005) , en colaboración con David Jewitt e Jane Luu , , en colaboración con Jane Luu Quaoar, en colaboración con Michael E. Brown, Aya, con Michael E. Brown, Eleanor F. Helin, Steven H. Pravdo, Kenneth J. Lawrence e Michael Hicks , con Michael E. Brown Sedna, con Michael E. Brown e David L. Rabinowitz Orco, con Michael E. Brown e David L. Rabinowitz , en colaboración con Michael E. Brown e David L. Rabinowitz Achlys, en colaboración con Michael E. Brown Máni, en colaboración con Michael E. Brown , en colaboración con , en colaboración con Andrzej Udalski, Scott S. Sheppard e M. Szymanski
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio oficial
Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Eris Categoría:Astrónomos dos Estados Unidos de América