Irixoa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.421 habitantes. O seu xentilicio (non oficial) é irixoés.

Xeografía miniatura|esquerda|Paisaxe en Irixoa. Situación O concello, de 68,6 km², limita ao norte cos municipios de Miño, Vilarmaior e Monfero, ao sur con Aranga e Coirós, ao leste con Monfero e Aranga, e ao oeste con Paderne.

Orografía e hidrografía Está nunha zona de transición entre a chaira da Terra Chá e as comarcas costeiras das Mariñas e Ferrolterra. Cara ao leste na prolongación da Serra da Loba están o Pico de Vales (702 m) e Monte Vila (684 m), entre os cales nace o río Zarzo, afluente do Mandeo. Cara ao oeste hai un perfil máis suave, polo que discorre o río Lambre, que desemboca na Ponte do Porco.

Demografía Censo total 2014 1.421 habitantes Menores de 15 anos 82 (5.77 %) Entre 15 e 64 anos 809 (56.93 %) Maiores de 65 anos 530 (37.3 %)

Historia Durante a Idade Media a zona pertenceu ao arciprestado de Pruzos, incluíndo tamén as parroquias de Paderne e Adragonte (concello de Paderne), dependente da arquidiocese de Santiago de Compostela, e pertencente ao condado de Lemos. O Conde nomeaba un xuíz, que exercía no Pazo de Irixoa.

Durante o Antigo Réxime e até o final do Reino de Galiza a zona pertenceu á provincia de Betanzos. Trala División territorial de España en 1833 pasou a formar parte da provincia da Coruña.

Cultura Símbolos O escudo do concello ten a seguinte descrición: de ouro e sobre ondas de azur e prata, un monte de sinople cargado de sete estrelas de prata e acompañado de dúas cruces ensanchadas de goles. Ao timbre, coroa real pechada. O cumio a que se refire é o monte de San Antón. As sete estrelas, aluden ás actuais sete parroquias, e as cruces ensanchadas refírense ás igrexas parroquiais de San Antón e Churío.

Economía Infraestruturas de transporte O municipio está atravesado de oeste a leste pola estrada comarcal AC-640 (Betanzos - Viveiro) e a autonómica AC-151 (Montesalgueiro - Pontedeume).

Medios de comunicación Neste concello realizouse a gravación do programa de tele-realidade A Casa de 1906, o primeiro programa de tele-realidade feito en Galicia.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lugares de Irixoa

Categoría:Irixoa