Vilarmaior é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.236 habitantes (1.277 no 2010, 1.326 no 2006, 1.343 no 2005, 1.362 no 2004, 1.350 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é .
Demografía Censo Total (Habitantes) 1.236 (2014) Menores de 15 anos 100 (8.09 %) Entre 15 e 64 anos 744 (60.19 %) Maiores de 65 anos 392 (31.71 %)
Xeografía O concello, de 30,1 km², abrangue seis parroquias. Limita ao norte co concello de Irixoa a través do río Lambre e os seus afluentes Caudelo e Mondariz. Os cumios máis elevados son o Catasol (440 m), Monte Grande (374 m) e Lagarín (309 m), na parroquia de San Pedro de Grandal, no límite co concello de Monfero. Ten clima oceánico, cunha media anual de 11,8 °C e unha oscilación lixeiramente superior aos 12 °C.
Historia Na zona hai diversos petróglifos. Consérvanse topónimos que fan referencia a poboados castrexos como Castro, Castrillón, Castrelo ou As Croas. Do período da romanización de Galiza consérvase unha estela funeraria atopada na parroquia de Grandal en 1938, conservada no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón da Coruña.
As terras da zona foron doadas no século IX polo rei Afonso II de Oviedo ao bispo de Mondoñedo Sabarico, segundo se recolle nun documento do ano 866. En 1185 foille concedido ao mosteiro de Caaveiro o dereito das tres cuartas partes dos beneficios da igrexa de Doroña. Este templo é románico, do século XII. Durante a idade media as terras de Vilarmaior formaban parte do condado de Pruzos.
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Vilarmaior Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilarmaior vexa: Lugares de Vilarmaior.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais en Vilarmaior
Ligazóns externas Páxina Web oficial do concello de Vilarmaior
Categoría:Vilarmaior