O Partido Maorí (en ) é un partido político de Nova Zelandia que avoga polos dereitos do pobo maorí. Coa excepción dun puñado de eleccións xerais, o Partido Maorí disputa os asentos reservados para os maorís, nos que o seu principal rival é o Partido Laborista. Baixo o liderado actual de Rawiri Waititi e Debbie Ngarewa-Packer, promove as seguintes políticas: a defensa do tikanga Māori, o desmantelamento do racismo sistémico e o fortalecemento dos dereitos das minorías e do tino rangatiratanga prometido en Te Tiriti o Waitangi.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Renacemento maorí Bibliografía

Categoría:Partidos políticos de Nova Zelandia Categoría:Organizacións polos dereitos indíxenas