Växjö é un concello sueco no condado de Kronoberg. A súa capital é a cidade de Växjö, que tamén é a capital do condado.

O concello está situado na marte meridional das terras altas do sur de Suecia. A meirande parte da súa poboación traballa no sector servizos e na administración pública.

A poboación do municipio medrou considerablemente dende a súa formación en 1971, pasando dos 59 019 habitantes en 1979 ata os 98 334 en decembro de 2024.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Kronoberg