Carlos Folla Fernández, nado na Coruña en 1908 e finado no mesmo concello o 30 de abril de 1981, foi un político galego.

Traxectoria Fillo do tenente coronel de Infantería Francisco Javier Folla Cisneros, naceu na Coruña en 1908.El Eco de Galicia, 2-10-1908, p. 3. Rematou os estudos de profesor mercantil en 1928,El Ideal Gallego, 2-6-1928, p. 5. e foi funcionario do Banco Pastor. Fundador de Falange da Coruña, en xaneiro de 1935 foi nomeado xefe local de Falange. O 16 de abril de 1936 foi detido e encarcerado na prisión da Coruña. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado secretario local de Falange da Coruña en setembro. Combatiu no exército sublevado como alférez provisional de intendencia.BOE, 3-3-1937, p. 582-583. En agosto de 1941 foi nomeado secretario local de FET y de las JONS da Coruña.La Voz de Galicia, 17-8-1941, p. 2. Foi nomeado delegado das Falanges del Mar de Galicia en xaneiro de 1943,El Ideal Gallego, 22-1-1943, p. 6. cesando no cargo en outubro dese ano.El Correo Gallego, 12-10-1943, p. 6. Foi concelleiro da Coruña. Foi expulsado de FET y de las JONS e outubro de 1944.La Voz de Galicia, 7-3-1934, p. 2. Finou na Coruña o 30 de abril de 1981.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 1-5-1981, p. 36.

Recoñecementos Aspa de Prata.

Vida persoal

Casou na Coruña con Emilia María del Consuelo Gárate Sánchez-Bretaño en setembro de 1934,La Voz de Galicia, 11-9-1934, p. 5. e foi pai de Emilia, Guillermo, Jaime e María de la Concepción Folla Gárate.

Notas

Categoría:Falanxistas Categoría:Concelleiros da Coruña

Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición

Categoría:Nados na Coruña

Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1981