Ruthmery Pillco Huarcaya é unha bióloga quechua peruana. En 2025 gañou o Premio Future For Nature.

Traxectoria Graduouse en bioloxía na Universidade Nacional de San Antonio Abad de Cuzco. Fixo un mestrado en Taxonomía, Diversidade e Conservación de Plantas e Fungos na Universidade Queen Mary de Londres. Traballou en diversos proxectos de biodiversidade e conservación dos bosques tropicais do Perú e Costa Rica. Dende 2021 tamén colaborou como exploradora de National Geographic e lidera un programa de conservación do oso de anteollos.

Notas

Categoría:Biólogos do Perú Categoría:Ecoloxistas do Perú Categoría:Peruanos de ascendencia quechua Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de San Antonio Abad de Cuzco