O Declive Cognitivo Subxectivo (DCS) considérase como unha nova categoría dentro do continuo tradicional de deterioración cognitiva (envellecemento normotípico – Deterioración cognitiva leve - Demencia), Gauthier, S., Reisberg, B., Zaudig, M., Petersen, R. C., Ritchie, K., Broich, K., Belleville, S., Brodaty, H., Bennett, D., Chertkow, H., Cummings, J. L., de Leon, M., Feldman, H., Ganguli, M., Hampel, H., Scheltens, P., Tierney, M. C., Whitehouse, P., Winblad, B., & International Psychogeriatric Association Expert Conference on mild cognitive impairment. (2006). Mild cognitive impairment. Lancet, 367(9518), 1262–1270. https://doi.org/10.1016/S0140-6736(06)68542-5Winblad, B., Palmer, K., Kivipelto, M., Jelic, V., Fratiglioni, L., Wahlund, L. O., Nordberg, A., Bäckman, L., Albert, M., Almkvist, O., Arai, H., Basun, H., Blennow, K., de Leon, M., DeCarli, C., Erkinjuntti, T., Giacobini, E., Graff, C., Hardy, J., Jack, C., … Petersen, R. C. (2004). Mild cognitive impairment--beyond controversies, towards a consensus: report of the International Working Group on Mild Cognitive Impairment. Journal of Internal Medicine, 256(3), 240–246. https://doi.org/10.1111/j.1365-2796.2004.01380.x  no que as persoas presentan Queixas Cognitivas Subxectivas (QCS) en ausencia de deterioración obxectiva na cognición e na funcionalidade. Jessen, F., Amariglio, R. E., van Boxtel, M., Breteler, M., Ceccaldi, M., Chételat, G., Dubois, B., Dufouil, C., Ellis, K. A., van der Flier, W. M., Glodzik, L., van Harten, A. C., de Leon, M. J., McHugh, P., Mielke, M. M., Molinuevo, J. L., Mosconi, L., Osorio, R. S., Perrotin, A., Petersen, R. C.,… Subjective Cognitive Decline Initiative (SCD-I) Working Group (2014). A conceptual framework for research on subjective cognitive decline in preclinical Alzheimer's disease. Alzheimer's & Dementia, 10(6), 844–852. https://doi.org/10.1016/j.jalz.2014.01.001 As Queixas Cognitivas Subxectivas (QCS),García-Ptacek, S., Eriksdotter, M., Jelic, V., Porta-Etessam, J. Kareholt, I., & Manzano-Palomo, S. (2016). Quejas cognitivas subjetivas: Hacia una identificación precoz de la enfermedad de Alzheimer. Neurología, 31(8),562-571. http://dx.doi.org/10.1016/j.nrl.2013.02.007    poden definirse como preocupacións sobre o empeoramento ou mal funcionamento dalgún aspecto da cognición independentemente de que poida ser verificado obxectivamente a través de instrumentos estandarizadosMendonça, M. D., Alves, L., & Bugalho, P. (2016). From subjective cognitive complaints to dementia: Who is at risk?: A systematic review. American Journal of Alzheimer's Disease and Other Dementias, 31(2), 105–114. https://doi.org/10.1177/1533317515592331 e son moi frecuentes nos adultos maiores: entre un 50 e un 80% das persoas de 75 anos presentan QCS. Exemplos frecuentes deste tipo de queixas son as relacionadas con problemas de concentración, de memoria, ou toma de decisións. Begum, A., Dewey, M., Hassiotis, A., Prince, M., Wessely, S., & Stewart, R. (2014). Subjective cognitive complaints across the adult life span: a 14-year analysis of trends and associations using the 1993, 2000 and 2007 English Psychiatric Morbidity Surveys. Psychological Medicine, 44(9), 1977–1987. https://doi.org/10.1017/S0033291713002444

Criterios de inclusión e exclusión No ano 2012 formouse un grupo de traballo, o grupo Subjective Cognitive Decline – Iniciative  (SCD-I), con investigadores que viñan de realizar estudos sobre o DCS e posteriormente este grupo estableceu dous criterios de inclusión, ambos de obrigado cumprimento, e un criterio básico de exclusión para o DCS. Molinuevo, J. L., Rabin, L. A., Amariglio, R., Buckley, R., Dubois, B., Ellis, K. A., Ewers, M., Hampel, H., Klöppel, S., Rami, L., Reisberg, B., Saykin, A. J., Sikkes, S., Smart, C. M., Snitz, B. E., Sperling, R., van der Flier, W. M., Wagner, M., Jessen, F., & Subjective Cognitive Decline Initiative (SCD-I) Working Group. (2017). Implementation of subjective cognitive decline criteria in research studies. Alzheimer's & Dementia, 13(3), 296–311. https://doi.org/10.1016/j.jalz.2016.09.012

O primeiro criterio de inclusión establece a autopercepción persistente de deterioración na capacidade cognitiva en comparación co estado previo, e non relacionada cun evento agudo, é dicir a persoa debe percibir unha diminución do seu rendemento cognitivo na vida diaria en comparación cun estadio previo de cognición subxectivamente non deteriorada. O relevante é a perspectiva da persoa sobre o seu propio estado cognitivo. Esta diminución non está relacionado cun evento agudo e persiste no tempo, polo que as queixas deben estar presentes nos últimos 6 meses.

O segundo criterio establece que o rendemento nas probas cognitivas estandarizas utilizadas para clasificar a Deterioración Cognitiva Leve (DCL) debe estar dentro do normal para a idade e grupo educativo, e as Actividades Instrumentais da Vida Diaria (AIVD) deben permanecer intactas, malia que a persoa pode percibir unha diminución na facilidade e eficiencia para realizar tarefas específicas.

O criterio básico de exclusión establece que as alteracións non poden explicarse por unha enfermidade psiquiátrica ou neurolóxica (agás Alzhéimer (EA)), un trastorno médico, consumo de fármacos ou abuso de substancias.  

DCS e DCS Plus De xeito similar á creación de diferentes subtipos de DCL, o grupo SCD-IJessen, F., Amariglio, R. E., Buckley, R. F., van der Flier, W. M., Han, Y., Molinuevo, J. L., Rabin, L., Rentz, D. M., Rodriguez-Gomez, O., Saykin, A. J., Sikkes, S. A. M., Smart, C. M., Wolfsgruber, S., & Wagner, M. (2020). The characterisation of subjective cognitive decline. The Lancet. Neurology, 19(3), 271–278. https://doi.org/10.1016/S1474-4422(19)30368-0 estableceu unha clasificación dentro da propia categoría de DCS: o DCS que define o declive cognitivo xeral dentro do continuo de envellecemento cognitivo, e o DCS Plus, que define o declive cognitivo como un estado preclínico da EA. O primeiro está caracterizado polos criterios básicos xa expostos, mentres que as características do CDS Plus son: a) sensación subxectiva de empeoramento da memoria máis que doutros dominios cognitivos; b) inicio do DCS nos últimos 5 anos; c) idade de inicio superior aos 60 anos; d) preocupacións específicas relacionadas co DCS; e) sensación de peor rendemento que as persoas do mesmo grupo de idade; f) confirmación da percepción de deterioración cognitiva por un informante; g) presenza de xenotipo APOE ε4 e biomarcadores indicativos de EA; h) consistencia do DCS ao longo do tempo; i) busca de axuda médica por esta causa.

Polo tanto, a diferenza entre o DCS e o DCS Plus radica nunhas condicións máis específicas deste último que fan pensar nunha evolución na deterioración máis probable, incrementando o risco de que o DCS progrese a DCL ou a demencia.

Prevalencia e progresión do Declive Cognitivo Subxectivo Os datos indican unha prevalencia do DCS de entre o 23.8 e o 25.6% Röhr, S., Pabst, A., Riedel-Heller, S. G., Jessen, F., Turana, Y., Handajani, Y. S., Brayne, C., Matthews, F. E., Stephan, B. C. M., Lipton, R. B., Katz, M. J., Wang, C., Guerchet, M., Preux, P. M., Mbelesso, P., Ritchie, K., Ancelin, M. L., Carrière, I., Guaita, A., Davin, A., … for Cohort Studies of Memory in an International Consortium (COSMIC). (2020). Estimating prevalence of subjective cognitive decline in and across international cohort studies of aging: a COSMIC study. Alzheimer's Research & Therapy, 12(1), 167. https://doi.org/10.1186/s13195-020-00734-y e malia que só unha parte deses casos reflicten cambios patolóxicos debidos á EA ou outro tipo de enfermidades neurodexenerativas, o DCS por si mesmo ten un impacto negativo no suxeito e na sociedade (preocupacións, diminución da calidade de vida, incremento das consultas médicas e da utilización dos servizos de saúde cos conseguintes custos adicionais) e é algo que está a experimentar en torno a unha cuarta parte da poboación maior.

Hai evidencia epidemiolóxica de que o DCS incrementa o risco de progresión a DCL e demencia,Pike, K. E., Cavuoto, M. G., Li, L., Wright, B. J., & Kinsella, G. J. (2022). Subjective cognitive decline: Level of risk for future dementia and mild cognitive impairment, a meta-analysis of longitudinal studies. Neuropsychology Review, 32(4), 703–735. https://doi.org/10.1007/s11065-021-09522-3 pero non todas as QCS teñen a mesma relevancia clínica,Ávila-Villanueva, M., Rebollo-Vázquez, A., Ruiz-Sánchez de León, J. M., Valentí, M., Medina, M., & Fernández-Blázquez, M. A. (2016). Clinical relevance of specific cognitive complaints in determining Mild Cognitive Impairment from cognitively normal states in a study of healthy elderly controls. Frontiers in Aging Neuroscience, 8, 233. https://doi.org/10.3389/fnagi.2016.00233 sendo as queixas específicas en memoria cotiá, linguaxe, área visoespacial e función executiva as que amosan maior asociación con progresión a DCL ou demencia.Fox, J. M., Harvey, D. J., Randhawa, J., Chan, M., Weakley, A., Gavett, B., … Farias, S. T. (2024). Subjective cognitive complaints and future risk of dementia and cognitive impairment, which matters most. Aging, Neuropsychology, and Cognition, 1–12. https://doi-org.ezbusc.usc.gal/10.1080/13825585.2024.2443059 Moitas das persoas que presentan DCS non progresan a unha deterioración cognitiva obxectiva e non está claro qué factores moderan a progresión entre as queixas e a demencia, malia que algúns estudos lograron identificar biomarcadores cognitivos, factores epidemiolóxicos e factores neuropsicolóxicos como predictores.An, R., Gao, Y., Huang, X., Yang, Y., Yang, C., & Wan, Q. (2024). Predictors of progression from subjective cognitive decline to objective cognitive impairment: A systematic review and meta-analysis of longitudinal studies. International journal of nursing studies, 149, 104629. https://doi.org/10.1016/j.ijnurstu.2023.104629 Malia todo, o predictor máis sólido de progresión é a positividade de biomarcadores de EA.Rostamzadeh, A., Bohr, L., Wagner, M., Baethge, C., & Jessen, F. (2022). Progression of Subjective Cognitive Decline to MCI or Dementia in Relation to Biomarkers for Alzheimer Disease: A Meta-analysis. Neurology, 99(17), e1866–e1874. https://doi.org/10.1212/WNL.0000000000201072

O DCS representa unha fase de risco ideal para a intervención temperá, sendo de grande importancia para a saúde pública a identificación precoz da progresión do DCS a DCL. A pronta identificación de individuos en risco de progresión a demencia brinda unha ventá de oportunidade para o tratamento preventivo, incluído o desenvolvemento de estratexias compensatorias, cambios no estilo de vida e posibles novas intervencións farmacolóxicas emerxentes.Katayama, O., Lee, S., Bae, S., Makino, K., Shinkai, Y., Chiba, I., Harada, K., & Shimada, H. (2021). Lifestyle changes and outcomes of older adults with mild cognitive impairment: A 4-year longitudinal study. Archives of gerontology and geriatrics, 94, 104376. https://doi.org/10.1016/j.archger.2021.104376Sherman, D. S., Mauser, J., Nuno, M., & Sherzai, D. (2017). The Efficacy of Cognitive Intervention in Mild Cognitive Impairment (MCI): a Meta-Analysis of Outcomes on Neuropsychological Measures. Neuropsychology review, 27(4), 440–484. https://doi.org/10.1007/s11065-017-9363-3

Notas

Categoría:Cognición Categoría:Doenzas neurolóxicas