Leonor Meneses Noronha, nada en Lisboa, ca. 1630,Leonor de Menezes, D. en Escritoras em Portugues Consultado o 2 de outubro de 2025 e finada o 4 de setembro de 1664, primeira condesa consorte de Serém e esposa do sexto Conde de Atouguia, foi unha escritora española do Século de Ouro, máis coñecida polo pseudónimo Laura Mauricia, que utilizou en ocasións para ocultar a súa identidade debido ás sátiras que recibían as mulleres escritoras da súa época. As súas obras foron famosas en tempos de Filipe IV e Carlos II. Cultivou a prosa e o verso, escribindo en castelán.
Traxectoria Aínda que Serrano Sanz di que era filla dos marqueses de Vilarreal Fernando de Meneses e María Freire y Andrada, trátase dun erro: estes viviran un século antes (Fernando morreu en 1524) e a súa filla, Leonor de Noronha, foi monxa e morreu en 1563: probablemente, a coincidencia do nome leve ao erro.
Era filla e herdeira de Fernando de Meneses, comendador de Castelo Branco, e de Jerónima de Toledo (filla de Manuel da Câmara, segundo Conde de Vila Franca). Naceu en Lisboa, daquela parte da coroa hispánica, e parece que estudou linguas e humanidades. Teresa Langle escribe erradamente que rexeitou o matrimonio para dedicarse a escribir, probablemente pola confusión entre nomes xa mencionada. En realidade, casou dúas veces: primeiro con Fernando Mascarenhas, primeiro Conde de Serém, e, xa viúva, con Jerónimo de Ataíde, Conde de Atouguia, con quen tivo catro fillos.
Dedica a súa única obra a Luisa María Noronha de Meneses, filla de Pedro de Noronha, casada con Juan de Silva e Lancastre (1625-1686), VII Conde de Portalegre e II Marqués de Goubea, parente súa.
Obra Escribiu comedias. Tamén a novela cortesá, como no caso de El desdeñado más firme (impresión conservada de 1655), escrita tanto en prosa como en verso. Só se conserva esta obra e dela un exemplar, conservado na Biblioteca Nacional de España coa etiqueta R-25004; non ten nomes de lugar nin de imprenta e a dedicatoria está asinada en París.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1630 Categoría:Finados en 1664 Categoría:Escritores en lingua castelá