Mala junta é un filme chileno de 2016 dirixido por Claudia Huaiquimilla e producida por Pablo Greene, Rebeca Gutiérrez Campos e Eduardo Villalobos. Estreouse internacionalmente na 28ª edición do Festival Internacional de Cinema de Palm Springs. Distribuíuse en cinemas comerciais e alternativos de Chile e Francia.
Sinopse Cando o adolescente Tano (Bagsterd) volve cometer un delito, para evitar ser recluído no Servizo Nacional de Menores, é enviado co seu pai no campo na zona sur de Chile. Alí faise amigo dun tímido rapaz mapuche chamado Cheo (Férnández). A zona sofre os efectos do conflito político entre os mapuches e o estado chileno, e as malas relacións cos seus pais, desafíanos a enfrontar xuntos os prexuízos cos que cargan.
Personaxes Andrew Bargsted como Tano Eliseo Fernández como Cheo Francisco Pérez-Bannen como Javier Francisca Gavilán como Andrea Ariel Mateluna como Pedro Sebastián Ayala como Diego Rosa Ramírez como asistenta social Alex Quevedo como Seba Verónica Medel como Daniela franco carmona como Alexis
Galardóns e recoñecementos Gañou máis de 40 premios nacionais e internacionais, entre os que salietan o Gran Premio do Público na 39ª edición do Festival de Cinema Latinoamericano de Toulouse (Francia), na 17ª edición do aluCine Latin+Media Arts Festival (no Canadá), e na 2ª edición do Festival Internacional de Cinema de Quito (Ecuador); ademais gañou o Premio Novos Camiños na 39ª edición do Festival Internacional do Novo Cinema Latinoamericano da Habana (Cuba); e o premio ao mellor filme na 24ª edición do Festival de Cinema de Valdivia (Chile), a 12ª edición do Festival de Cinema Tucumán (Arxentina), a 12ª edición do Festival de Cinema de Jujuy (Arxentina), e a 17ª edición d Festival Internacional de Cinema de Lebu (Chile), entre outros. Estreouse en cinemas comerciais de Chile e Francia, e foi nomeada a 2 Premios Platino do Cinema Iberoamericano.
Notas
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua mapuche Categoría:Filmes de Chile