Esta terra é miña (en ) é un filme estadounidense de 1943 dirixido por Jean Renoir e escrito e producido por Dudley Nichols. Está protagonizado por Charles Laughton, Maureen O'Hara e George Sanders. Ambiéntase no medio da segunda guerra mundial nun lugar non especificado na Europa ocupada por Alemaña que parece semellante a Francia. Laughton interpreta a Albert Lory, un covarde mestre de escola nunha cidade "nalgún lugar de Europa" que se sente atraído pola defensa da resistencia a través do seu amor polo seu país e da súa compañeira mestra Louise Martin, representada por O'Hara.
É un dos filmes bélicos máis aclamados da época. Gañou un Premio Óscar en 1944 ao mellor son (Stephen Dunn). Tras estrearse simultaneamente en 72 salas de cinema, o filme estabeleceu un récord de recadación bruta nun día de estrea o 7 de maio de 1943.
Personaxes
Charles Laughton como Albert Lory Maureen O'Hara como Louise Martin George Sanders como George Lambert Walter Slezak como Major Erich von Keller Kent Smith como Paul Martin Una O'Connor como Mrs. Emma Lory Philip Merivale coml Prof. Sorel Thurston Hall como alcalde Manville Ivan F. Simpson como xuíz George Coulouris como Prosecutor Tommy Bond como Student Nancy Gates como Julie Grant John Donat como Edmund W. Lorraine
Notas
Categoría:Filmes de 1943 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jean Renoir Categoría:Filmes ambientados en Francia Categoría:Filmes de 1943 con versión en galego