José Antonio Pardines Arcay, nado en Malpica de Bergantiños en 1943 e finado en Villabona-Amasa o 7 de xuño de 1968, foi un garda civil galego. Foi a primeira vítima mortal de Euskadi Ta Askatasuna. Traxectoria Fillo e neto de gardas civís. Estaba destinado na Agrupación de Tráfico, no destacamento de Donostia. O 7 de xuño de 1968, en compañía de Félix de Diego Martínez, estaba a regular a circulación nunha zona de obras da estrada N-1 en Villabona-Amasa (Guipúscoa). Detivo un SEAT 850 coupé con matrícula Z-73956 ocupado por Txabi Etxebarrieta e Iñaki Sarasketa e pediulles a documentación do vehículo. Ao rodealo para ver se a matrícula coincidía, Txabi Etxebarrieta disparoulle á cabeza. Un camión freou pensando que o coche picara unha roda, e o camioneiro suxeitou a Txabi, pero Iñaki apuntouno cunha arma e obrigouno a soltalo. Entón Txabi rematou a Pardines, caído no chan, e rematouno con catro tiros no peito.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Gardas civís Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Vítimas de ETA