miniatura|Praza central coa igrexa Gaukirche.

Paderborn é unha cidade de Alemaña, situada na rexión de Detmold, no estado federado de Renania do Norte-Westfalia. É a capital do distrito de Paderborn.

A cidade tiña 157 317 habitantes en xuño de 2025. O seu alcalde é Stefan-Oliver Strate, da Unión Democrática Cristiá de Alemaña (CDU).

Paderborn está situada no leste de Renania do Norte-Westfalia, na rexión histórica de Westfalia. O nome da cidade está relacionado co río Pader, que nace no centro urbano e desemboca no río Lippe.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina oficial de Paderborn

Categoría:Cidades de Renania do Norte-Westfalia