Ralph Harold Lundsten nado en Karlsvik, Parroquia de Luleå, o 6 de outubro de 1936 e finado o 5 de xullo de 2023 no distrito de Boo, Concello de Nacka, foi un compositor de música electrónica e director de cine sueco.

Traxectoria

Lundsten naceu na granxa Hääschgården, ao norte do país, que na atualidade leva o seu nome e é coñecida como Ralph Lundstengården. Aos 15 anos trasladouse a Estocolmo. Segundo declarou en entrevistas, despois de escoitar un concerto para violín na radio comezou a escribir as súas propias composicións. As súas primeiras experiencias coa música electrónica realizounas utilizando unha gravadora de cinta coa que rexistraba sons e posteriormente os manipulaba mediante cortes e montaxe.

Na súa xuventude participou na creación do Elektronmusikstudion (EMS) de Estocolmo, o estudo nacional sueco dedicado á música electrónica e á arte sonora, aínda en activo. O seu debut discográfico produciuse con EMS Nr 1 en 1966, a primeira gravación discográfica asociada ao ente público. O que sitúa a Lundsten entre os pioneiros de sona internacional da década dos 60 dentro da música electrónica. Tamén construíu os seus propios instrumentos electrónicos e sintetizadores, como o andromatic, desenvolvido a finais dos anos 60 xunto co enxeñeiro finlandés Erkki Kurenniemi. Lundsten afirmaba que era un dos primeiros sintetizadores polifónicos con secuenciador do mundo. Tiña dez xeradores de ton, filtros e moduladores analóxicos. Outra máquina interactiva construída por Kurenniemi e empregada por Lundsten medía a resistencia eléctrica entre varias persoas conectadas ao sistema e transformaba esas variacións en música. Lundsten referíase a ela como Dimi-S, "Love Machine".

Cara a 1980 residía na Vila Frankenburg, unha vivenda situada ao leste de Estocolmo que restaurou cunha chamativa pintura rosa e na que instalou o seu estudo electrónico Andromeda Studio.

Lundsten mantivo interese pola ciencia ficción e titulou algúns dos seus álbums con referencias a autores como A. E. van Vogt e Cordwainer Smith. Participou como convidado en diversas convencións de ciencia ficción. Na súa música incorporou elementos da tradición popular escandinava, como o Näcken (espírito das augas). Tamén compuxo obras inspiradas no espazo exterior. A súa música foi utilizada tanto no cinema como na televisión, como na afamada película do 1973 Thriller – en grym film.

Fundou o club de seguidores Andromeda Fan Society, que organizaba encontros anuais na súa residencia.

Compuxo durante toda a súa carreira numerosas obras para ballet.

Entrou no Guinness World Records por ser o compositor dun dos sinais radiofónicos máis difundidos da historia. A súa canción Out in the Wide World foi utilizado durante décadas como sinal de intervalo entre as emisións internacionais da SR International-Radio Suecia. Con estimacións que superan os 4 millóns de reproduccións vía rádio en aberto de cortes da canción.

Alcumado o Sun-Ra sueco, ao longo da súa carreira publicou máis de cen discos en distintas edicións, compuxo arredor de 700 obras musicais e realizou ducias de películas, varias delas de carácter experimental como Hjärtat brinner (1967).https://letterboxd.com/film/hjartat-brinner/ Hjärtat brinner Letterboxd

En 2009, Ralph Lundsten foi galardoado coa medalla Illis quorum, concedida polo Goberno de Suecia por méritos culturais, científicos e outros servizos públicos. A inscrición da medalla reza: Illis quorum meruere labores «Para aqueles cuxos traballos o mereceron.»

Ralph Lundsten faleceu o 5 de xullo de 2023, aos 86 anos por causas naturais.

Discografía parcial

Álbum de estudio 1966 – Dokumentation 1 (Elektronmusikstudion Nr 1) 1967 – MUMS (Musik under miljoner stjärnor) 1968 – Elektronisk musik (con Leo Nilson) 1969 – Tellus. Fågel Blå 1969 – Svit för elektroniskt dragspel 1970 – Erik XIV och Ristningar 1970 – Ölskog 1971 – Gustav III/Nattmara 1972 – Fadervår 1973 – Strömkarlen: Nordisk natursymfoni nr 1 1973 – Skräck och skratt, resor i okända världar 1975 – Shangri-La 1975 – Johannes och huldran: Nordisk natursymfoni nr 2. 1977 – Ralph Lundsten's Universe 1978 – Discophrenia 1979 – Alpha Ralpha Boulevard 1980 – Paradissymfonin 1981 – En midvintersaga: Nordisk natursymfoni nr 3 1982 – The New Age 1983 – En sommarsaga: Nordisk natursymfoni nr 4 1984 – Trolltagen: Nordisk natursymfoni nr 5 1985 – Välkommen 1986 – Fantasia by Starlight 1986 – The Dream Master 1990 – Johannes och huldran 1992 – Drömmarnas landskap: Nordisk natursymfoni nr 6. 1993 – Nordic Light 1994 – The Joy of Being 1995 – In Time and Space 2007 – Lovetopia 2008 – The Naked Moon and The Virgin Sun 2008 – Dance In The Endless Night 2010 – I sagans värld 2013 – River of Time 2020 – I svunnen tid

Filmografía parcial Främmande planet, 1963 Komposition i tre satser, 1965 Hej natur, 1966 EMS nr 1, 1966 Hjärtat brinner, 1967

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Luna Lolita, canción composta por Lundsten aos 71 anos, en youtube

Categoría:Nados en 1936 Categoría:Compositores de música electrónica Categoría:Directores de cinema de Suecia Categoría:Compositores de Suecia