Bun B, pseudónimo de Bernard James Freeman, nado en Nova Orleáns no ano 1973, é un rapeiro de culto estadounidense centrado nas temáticas identitarias do sur dos Estados Unidos, especialmente de Texas e da área de Houston e Port Arthur. Moitas cancións reivindican a cultura, as particularidades lingüísticas e o estilo de vida sureño: “Simplemente falamos do que viamos todos os días”.
Traxectoria
Formou parte do dúo de hip hop UGK xunto a Pimp C. Co grupo chegou a publicar ata seis álbums e dous EP. Ademais, desenvolvendo unha carreira paralela en solitario na que editou cinco discos.
Entre os lanzamentos máis coñecidos de UGK figuran o álbum Too Hard to Swallow (1992) e o sinxelo "International Players Anthem (I Choose You)" (2007), realizado xunto aos Outkast. Bun B tamén foi invitado a colaborar na canción "Big Pimpin'" de Jay-Z.
En 2006 recibiu un premio da ASCAP á mellor canción de R&B/Hip Hop por "Give Me That". Participando asemade no videoclip de "Check on It" de Beyoncé, galardoado cun premio MTV.
O seu terceiro álbum en solitario, Trill O.G. (2010), contou coa colaboración de artistas como Drake, Gucci Mane, Jeezy e T-Pain. En 2013 publicou The Epilogue, no que participaron Rick Ross, 2 Chainz e Big K.R.I.T.
Adentrándose no labor editorial publicou o libro Rap Coloring and Activity Book xunto a Shea Serrano. Participou ademais no programa Nike Jordans Classics para xogadores novos e colaborou coa rede Complex a través dun blog adicado á gastronomía.
Tras o paso do furacán Hurricane Harvey en 2017, participou en iniciativas de recadación de fondos. Colaborou co DJ Tay James e co representante musical Scooter Braun na organización do telemaratón Hand in Hand, que recadou fondos para as zonas afectadas en Texas, Florida e Porto Rico.
En agosto de 2018 publicou o álbum Return of the Trill, producido integramente por Big K.R.I.T.
Nos anos seguintes colaborou con organizacións comunitarias e participou en campañas de promoción do voto e en actos relacionados coa memoria de George Floyd.
O 1 de xaneiro de 2021 publicou o EP colaborativo Distant xunto ao rapeiro de Houston LE$.
En 2021 puxo en marcha Trill Burgers, unha cadea de hamburgueserías creada xunto ao restaurador Andy Nguyen e ao publicista Nick Scurfield. En 2022, Trill Burgers foi elixida mellor hamburguesa dos Estados Unidos no concurso United States of Burgers do programa televisivo Good Morning America. Atualmente conta cun establecemento permanente en Houston e varios puntos de venda no NRG Stadium. .
Academia Bun B foi profesor visitante (Distinguished Lecturer) na Rice University.
A partir da primavera de 2011 impartiu xunto co Departamento de Relixión da universidade unha materia titulada "Hip Hop and Religion". A clase contaba con aproximadamente entre 100 e 150 estudantes. Debido a súa popularidade a partir de 2015 foi impartida en modalidade online xunto ao profesor Anthony Pinn, catedrático en Humanidades.
Durante o curso participaron como convidados diversas figuras relacionadas coa música e a comunidade de Houston, entre elas Quanell X, Chamillionaire, Talib Kweli, Trae tha Truth e un membro do grupo Clipse.
Segundo un antigo alumno, unha parte do curso estivo dedicada á relación directa entre o hip hop e a relixión. Tamén se organizaron conferencias impartidas por asistentes docentes e convidados. Nas explicacións Bun B destacaba as ligazóns musicais entre a fe e a música nas comunidades do sur nun sentido máis amplo, como a relación que atopou entre ambas na comunidade de música country en Port Arthur.
Ao remate do curso, permitiu que os estudantes lle entregasen gravacións da súa propia música xunto co exame final. .
Discografía
Álbum de estudio Trill (2005) II Trill (2008) Trill OG (2010) Trill OG: The Epilogue (2013) Return of the Trill (2018) Yokozuna Trill
Álbum colaborativo TrillStatik (con Statik Selektah) (2019) Mo Trill (con Cory Mo) (2022) TrillStatik 2 (de novo con Statik Selektah) (2022) TrillStatik 3 (de novo con Statik Selektah) (2023) TrillStatik 4 (de novo con Statik Selektah) (2024) Way Mo Trill (de novo con Cory Mo) (2025) TrillStatik 5 (de novo con Statik Selektah) (2025)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Still Trill (Feat. Method Man & Grafh) en Youtube · Do disco Trillstatik
Categoría:Personalidades do hip hop Categoría:Rapeiros dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova Orleáns, Luisiana Categoría:Nados en 1973