Alsacia-Lorena (en alemán: Reichsland Elsaß-Lothringen, xeralmente Elsass-Lothringen) foi unha entidade territorial creada polo Imperio alemán en 1871 trala anexión da maior parte de Alsacia e partes de Lorena na Guerra franco-prusiana. A parte de Alsacia estaba no val do Rin, na beira occidental, e ó leste da Cordilleira dos Vosgos. A sección de Lorena atopábase na parte alta do Val de Mosela, ó norte dos Montes Vosgos.
A rexión volveuse parte de Francia Oriental en 921 durante o reinado do Rei Lois o Xermánico, e máis tarde sería parte do Sacro Imperio Romano Xermánico. Foi gradualmente anexada polo Reino de Francia despois da Paz de Westfalia en 1648. Despois da Guerra Franco-prusiana, o Tratado de Frankfurt devolveu a área baixo o control xermánico como parte do recentemente creado Imperio alemán en 1871.
A curta independencia trala primeira guerra mundial rematou coa chegada das tropas francesas en 1918 e polo Tratado de Versalles de 1919, polo que o territorio foi devolto a Francia. A área foi anexada pola Alemaña Nazi en 1940, pero volveu a control francés en 1945 coa fin da segunda guerra mundial e permaneceu como parte de Francia dende entón.
O territorio estaba composto polo 93% de Alsacia (7% permaneceu francés) e o 26% de Lorena (74% permaneceu francés). Por razóns históricas, as disposicións legais específicas seguen a ser aplicadas neste territorio, propia e legalmente coñecido como Alsacia-Mosela.
Historia Historia antiga e medieval Sempre vencellada estreitamente co Río Rin que forma a súa fronteira oriental, Alsacia ten sido unha rexión fronteiriza en case toda a súa historia. Foi conquistada inicialmente por Xulio César no século I a. C. e mantívose como parte da provincia romana de Prima Germania polos seguintes seis séculos. A rexión foi conquistada polos alamáns, no século V da nosa era e máis tarde por Clodoveo I e os francos en 496. Baixo a influencia dos seus sucesores merovinxios, os habitantes foron cristianizados.
esquerda|miniatura|300px|Lorena inclinada sobre o ombreiro de Alsacia (estatua en Place Maginot, Nancy, Francia).
No século IX, a rexión volveuse parte do centro do Imperio Carolinxio de Carlomagno. Cando os netos de Carlomagno dividiron o seu Imperio no Tratado de Verdún de 843, a rexión estaba na metade de Lorena (Lotarinxia), parte dunha estreita franxa central outorgada a Lothar con reinos falantes de alemán e francés a ámbolos dous lados. O novo reino non durou moito e a rexión que co tempo converteríase en Alsacia uniuse ó Sacro Imperio Romano Xermánico como parte do ducado de Suabia no Tratado de Meersen en 870. Arredor desta época a rexión enteira comezou a fragmentarse nun gran número de señoríos seculares e eclesiásticos, unha situación que perdurou até o século XVII e foi un proceso común en Europa.
Unha das familias seculares máis poderosas de Suabia era a de Staufen ou Hohenstaufen. En 1152, esta familia colocou ó seu membro líder no trono alemán co nome de Federico I Barbavermella. Federico foi instrumental na recuperación da monarquía dende a súa disipación despois da Querela das Investiduras. Parte da razón era a súa política de acumular terras imperiais en apoio da monarquía e en 1212, Alsacia foi organizada por primeira vez para ser unha delas. Federico estableceu a Alsacia como unha provincia (malia que non se empregaban as provincias, senón os prucoratios) para seren gobernada por ministeriais, unha crase non nobre de serventes civís. A idea era que tal xente sería máis tratable e non distanciaría tanto o feudo da coroa fóra do seu poder. A provincia tiña unha soa corte provincial (Landgericht) e unha administración central con sede en Haguenau.
Durante o seu reinado, o Emperador Federico II designou ó bispo de Estrasburgo para administrar a Alsacia, pero a autoridade do bispo foi cuestionada polo Conde Rodolfo de Estrasburgo, quen recibiu os seus dereitos do fillo de Federico, Konrad IV. Straßburg (Straße significa "rúa", e burg significa "fortificación"), que fora unha sé episcopal dende o século IV, comezou a medrar e converteuse na cidade máis poboada e máis importante comercialmente da rexión. En 1262, despois dunha prolongada disputa cos bispos gobernantes, os cidadáns obtiveron o status de cidade imperial libre. Sendo unha escala na ruta comercial de París-Viena-Oriente, ademais dun porto na ruta do Rin que unía o sur de Alemaña e Suíza cos Países Baixos, Inglaterra e Escandinavia, volveuse o centro político e económico da rexión. Cidades como Colmar e Haguenau tamén comezaron a medrar en importancia económica e obtiveron un tipo de autonomía semellante ó "Decápolo" ou "Dekapolis", unha federación de 10 cidades ou pobos libres.
Arredor desta época, o poder central de Alemaña diminuíu despois de anos de aventuras imperiais en terras italianas, o que cedeu a hexemonía en Europa a Francia, que tiña un poder centralizado dende fai tempo. Francia iniciou unha agresiva política de expansión cara ó leste, primeiro cara ós Ríos Ródano e Mosa, e cando esas fronteiras foron acadadas, cara ó Rin. En 1299 incluso propuxeron unha alianza matrimonial entre a irmá de Filipe IV de Francia e o fillo de Alberte I de Habsburgo, con Alsacia como dote; porén, o acordo nunca realizouse. En 1307, o pobo de Belfort foi fretado polos Condes de Montbéliard.
Durante o século seguinte, Francia sería esnaquizada militarmente debido á Guerra dos Cen Anos con Inglaterra o que preveu por un tempo tendencias futuras nesta dirección. Trala consumación da guerra, Francia foi libre de novo para buscar o seu desexo de acadar o Rin e en 1444 o exército francés apareceu en Lorena e Alsacia. Alí estableceron cuarteis de inverno, demandaron a submisión de Metz e Estrasburgo e lanzaron un ataque a Basilea.
Historia moderna En 1469, tralo Tratado de Saint Omer, a Alta Alsacia foi vendida polo Duque Sexismundo de Habsburgo a Carlos de Borgoña, quen tamén mandaba nos Países Baixos e Borgoña. Aínda que Carlos era o terratenente nominal, os impostos eran pagados ó emperador alemán. O emperador foi quen de empregar estes impostos e un matrimonio dinástico no seu beneficio para recobrar o control absoluto da Alta Alsacia (á parte dos pobos libres, pero incluíndo a Belfort) en 1477 cando volveuse parte do territorio particular da familia Habsburgo, quen tamén eran soberanos hereditarios do Imperio. Un pouco despois, en 1515, o pobo de Mulhouse uniuse á Confederación Helvética, onde permanecería até 1798.
miniatura|135px|Escudo de armas do ducado de Lotaringia.
Para a época da Reforma protestante no século XVI, Estrasburgo era unha próspera comunidade, e os seus habitantes aceptaron o protestantismo rapidamente (1523). Martin Bucer foi un reformador protestante moi prominente na rexión. Os seus esforzos foron contrarrestados polos Habsburgos Romanos Católicos que tentaron erradicar a herexía na Alta Alsacia. Como resultado, Alsacia foi transformada nun mosaico de territorios católicos e protestantes. Por outro lado, Mömpelgard (Montbéliard), ó suroeste de Alsacia, pertencente ós Condes de Württemberg desde 1397, permaneceu como un enclave protestante en Francia até 1793.
Esta situación prevaleceu até 1639 cando a maior parte de Alsacia foi conquistada por Francia para previr que caera en mans dos Habsburgo de España que querían un camiño libre cara ás súas valiosas e rebeldes posesións nos Países Baixos. Isto ocorreu no maior contexto da Guerra dos Trinta Anos. Así, en 1646, acosados polos inimigos e para gañar liberdade de movemento en Hungría, os Habsburgo venderon o seu territorio de Sundgau (parte da Alta Alsacia) a Francia, que o ocupara, pola suma de 1,2 millóns de táleros. Deste xeito, cando as hostilidades por fin cesaron en 1648 co Tratado de Westfalia, a maior parte de Alsacia foise a Francia, con algúns pobos permanecendo independentes. As estipulacións do tratado respecto a Alsacia foron extremadamente bizantinas e confusas; pénsase que isto foi intencionadamente para que nin o rei de Francia nin o emperador xermano puideran ter un forte control sobre a rexión, pero que un se enfrontara ó outro, deste xeito asegurándolle un pouco de autonomía a Alsacia. Os partidarios desta teoría sinalan que as estipulacións do tratado foron escritas polo plenipotenciario imperial Isaac Volmar, o antigo chanceler de Alsacia.
A Guerra dos Trinta Anos (1618-1648) foi un dos peores períodos na historia de Alsacia e outras partes do sur de Alemaña. Provocou a morte e fuxida dun gran número de poboadores (principalmente do campo), porque a terra foi sucesivamente invadida e devastada por moitos exércitos (Imperiais, suecos, franceses etc). Despois de 1648 e até mediados do século XVIII, numerosos inmigrantes chegaron de Suíza, Alemaña, Austria, Lorena, Savoia e outras áreas. Entre 1671 e 1711 chegaron refuxiados anabaptistas de Suíza, en especial de Berna. Estrasburgo volveuse un centro importante dos inicios do movemento anabaptista.
Francia consolidou a súa posesión cos Tratados de Nimega de 1679 que puxeron ós poboados baixo o seu control. En 1681, ocupou Estrasburgo nunha acción non provocada. Estes cambios territoriais foron reforzados no Tratado de Ryswick de 1679 que rematou coa Guerra dos Nove Anos (tamén coñecida como Guerra da Grande Alianza ou Guerra da Liga de Augsburgo), aínda que o Sacro Imperio Romano non aceptou nin asinou o documento até 1697. Deste xeito Alsacia foi arrastrada dentro dos límites de Francia. Porén, Alsacia tiña unha posición un tanto extraordinaria no Reino. A lingua alemá seguía a ser empregada no goberno local; as escolas, a educación e a Universidade Alemá (Luterana) de Estrasburgo continuou a ser atendida por estudantes de Alemaña. O Edicto de Fontainebleau que legalizou a brutal supresión do protestantismo francés non foi aplicado en Alsacia e en contraste ó resto de Francia había unha relativa tolerancia relixiosa (aínda que as autoridades francesas tentaron promover o catolicismo e a Catedral Luterana de Estrasburgo tivo que ser entregada ós católicos en 1681). Había unha fronteira histórica ó longo dos Montes Vosgos co resto de Francia mentres que non había tal fronteira con Alemaña. Por estas razóns Alsacia permaneceu influenciada pola cultura alemá e tamén orientada economicamente cara a Alemaña ata a Revolución Francesa.
O ano de 1789 trouxo a Revolución Francesa e con ela a primeira división de Alsacia nos departamentos de Alto e Baixo Rin. Moitos dos residentes de Sundgau fixeron "peregrinacións" a lugares como Mariastein, preto de Basilea, en Suíza, para realizar bautizos e vodas.
Durante a derradeira década do século XVIII, moitos alsacianos estaban en contra dos Xacobinos e en contraste amosábanse amables cara ás forzas invasoras de Austria e Prusia que buscaban destruír á nacente república revolucionaria. Cando o Exército Revolucionario Francés do Rin resultou vitorioso, decenas de milleiros fuxiron cara ó leste. Cando máis tarde se lles permitiu volver (nalgúns casos non antes de 1799), era común atopar que as súas terras e lares foran confiscados. Estas condicións desfavorábeis conduciron a unha emigración de centos de familias cara a novas terras vacantes no Imperio Ruso en 1803-1804 e novamente en 1808.
En resposta á restauración de Napoleón, en 1814 e 1815, Alsacia foi ocupada por tropas estranxeiras, incluíndo máis de 280.000 soldados e 90.000 cabalos tan só no Baixo Rin. Isto tivo graves efectos no comercio e a economía da rexión xa que as antigas rutas comerciais terrestres foron desviadas cara ós novos portos marítimos do Mediterráneo e do Atlántico.