A India (), oficialmente a República da India (), é un Estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión. Comparte fronteiras con Paquistán ao oeste;O goberno da India tamén considera a Afganistán como un país fronteirizo, xa que os indios consideran todo o estado de Caxemira como parte da India. Porén, isto está en conflito, e a rexión que fai fronteira con Afganistán está administrada por Pakistán. Fonte: a China, o Nepal e Bután ao nordés; e Myanmar e Bangladesh ao leste. O Goberno da India tamén considera que comparte fronteiras con Afganistán, xa que considera toda Caxemira como parte do seu territorio, porén existe controversia ao respecto e a propia parte da fronteira afgá está controlada polo Estado de Paquistán. No océano Índico, a India atópase nas proximidades de Sri Lanka e as Maldivas, ademais as Illas Andaman e Nicobar comparten fronteira marítima con Tailandia e Indonesia. A súa capital é a cidade de Nova Deli.
Orixe da civilización do Val do Indo e rexión de históricas rutas comerciais e vastos imperios, o subcontinente indio foi sempre identificado pola súa riqueza comercial e cultural ó longo da súa extensa historia.Oldenburg, Phillip. 2007. Microsoft Encarta Online Encyclopedia 2007. Archived 2009-11-01. Nos seguintes milenios, comezaron a compoñerse as escrituras máis antigas asociadas ó hinduísmo. A estratificación social, baseada en castas, naceu no primeiro mileino BCE, e desenvolvéronse o budismo e o xainismo. As primeiras consolidacións políticas producíronse baixo os imperios Maurya e Gupta, os posteriores Reinos medios da India influíron culturas tan afastadas como as do Sueste asiático. Catro relixións de carácter global naceron neste territorio: o hinduísmo, o budismo, o xainismo e o sikhismo, ademais no primeiro milenio (EC) chegaron o xudaísmo, o zoroastrismo, o cristianismo e o islam, o que contribuíu á formación da diversa cultura da rexión. Gran parte do norte do país caeu baixo o Sultanato de Deli, e o sur uniuse baixo o Imperio Vijayanagara. A economía expandiuse no século XVII no Imperio Mogol. Na metade do século XVIII, o subcontinente caeu baixo o goberno da Compañía Británica das Indias Orientais, e logo, a mediados do século XIX, directamente administrada polo Reino Unido. A finais do século XIX naceu un movemento nacionalista, que posteriormente, con Mahatma Gandhi, fíxose famoso pola súa resistencia non violenta e levou á independencia da India en 1947.
En 2016, unha enquisa en World Tourism rankings realizada pola World Tourism Organization das Nacións Unidas indicou que a nación é visitada, aproximadamente, por 14.6 millóns de turistas cada ano (2016), facendo que sexa o 8º país máis visitado en Asia-Pacífico.
En 2017, a economía india foi a sexta maior do mundo por PIB nominal e a terceira maior por paridade de poder adquisitivo. A consecuencia das reformas económicas baseadas na economía de mercado en 1991, a India converteuse nunha das grandes economías de máis rápido crecemento, sendo considerado un país recentemente industrializado. Porén, segue a lidar cos desafíos da pobreza, a corrupción, a malnutrición, a desaxeitada sanidade pública e o terrorismo. A nivel militar, é un Estado posuidor de armas nucleares e está considerado unha potencia rexional, tendo ademais o segundo exército con máis tropas do mundo e sendo o quinto en gasto militar. A nivel político é unha república constitucional federal gobernada baixo un sistema parlamentario que consiste de 28 estados e 7 territorios da unión. A India é amplamente recoñecida pola súa desenvolvida industria do cine, a súa rica cociña e a exuberante vida salvaxe e vexetación. É unha sociedade plural, plurilingüística e multi-étnica. É, ademais, fogar dunha gran diversidade de vida silvestre e espazos naturais protexidos.
Etimoloxía O nome India deriva de Indus, que á súa vez deriva da palabra Hinduš, en persa antigo. Do sánscrito Sindhu, a denominación local histórica para o río Indo."India", Oxford English Dictionary, segunda edición, 2100a.d. Oxford University Press Os gregos clásicos referíanse aos indios como Indoi (Ινδοί), pobos do Indo.
A Constitución da India e o uso común en varias linguas indias igualmente recoñecen Bharat como nome oficial de igual status. É unha modernización do nome histórico Bharatavarsha, que gañou apoios dende o século XIX ata os nosos días como un nome nativo da India. Os estudosos cren que o nome débese á tribo védica dos Bharatas no Panxab no segundo milenio antes de Cristo. Con todo, tradicionalmente, está asociado co reinado do lendario emperador Bharata. Gaṇarājya (literalmente, Estado da xente) é o termo sánscrito/hindi para "república" que se remonta a tempos antigos.
Indostán, que é a palabra persa para a “terra dos hindús” e historicamente referida ao norte da India, é tamén empregada ocasionalmente como sinónimo para toda a India. Este nome da India data do terceiro século antes de Cristo e foi introducida polos mogois e foi amplamente empregado dende aquela. O seu significado varía, referíndose a unha rexión que comprende o norte da India e Paquistán, ou a India na súa totalidade.
Historia
Antigüidade Os primeiros restos de humanos anatomicamente modernos encontrados en Asia Meridional datan de hai aproximadamente 30 000 anos. Encontráronse sitios arqueolóxicos con arte rupestre do período Mesolítico en moitas partes do subcontinente indio, como nos abrigos na Rocha de Bhimbetka, en Madhya Pradesh. Por volta do 7000 a. C. apareceron os primeiros asentamentos neolíticos no subcontinente en lugares como Mehrgarh e outros no Paquistán occidental. Estes lugares gradualmente desenvolveron a civilización do val do Indo, a primeira cultura urbana da Asia Meridional. Centrada en torno a cidades como Mohenjo-daro, Harappa, Dholavira e Kalibangan, e contando con variadas formas de subsistencia, a cultura desenvolveu unha produción robusta de artesanía e un amplo comercio.
Durante o período de 2000-500 a. C., culturas de moitas rexións do subcontinente fixeron a transición do Calcolítico á Idade de Ferro. Os Vedas, as escrituras máis antigas do hinduísmo, foron compostos durante ese período e os historiadores teñen conectado os textos á cultura védica, localizada na rexión do Panxab e na planicie Indo-Ganxética. A maioría dos historiadores tamén considera que este período abrangueu varias ondas migratorias indoarias no subcontinente, de norte a oeste. O sistema de castas, que creou unha xerarquía de sacerdotes, guerreiros e campesiños libres, mais excluíu aos pobos indíxenas ao cualificar as súas ocupacións como "impuras", xurdiu durante este período. Sobre a meseta do Decán, as evidencias arqueolóxicas deste período suxiren a existencia dun estrato patriarcal de organización política. No sur da India, a progresión cara á vida sedentaria apréciase polo gran número de monumentos megalíticos que datan deste período, así como por vestixios de agricultura, tanques de irrigación e de tradicións de artesanía.
miniatura|esquerda|Pinturas nas Grutas de Ajanta en Aurangabad, Maharashtra, do século VI.
No período védico, por volta do século V a. C., as pequenas tribos da planicie do Ganxes e de rexións do noroeste consolidáranse en 16 grandes oligarquías e monarquías que eran coñecidas como os mahajanapadas. A urbanización crecente e as ortodoxias desta época tamén crearon os movementos de reforma relixiosa do budismo e do xainismo, os cales se tornarían relixións independentes. O budismo, con base nas ensinanzas de Siddhartha Gautama, atraeu seguidores de todas as clases sociais, exceptuando a clase media; as narracións da vida de Buda foron fundamentais para o inicio do rexistro da historia india. O xainismo conseguiu gran prominencia na mesma época durante a vida do seu "Grande Heroe", Mahavira. Nunha época de crecente riqueza urbana, ambas relixións propuxeron a renuncia aos bens materiais como un ideal e estabeleceron mosteiros de longa duración. Politicamente, por volta do século III a. C., o Reino de Magadha tiña anexionado ou reducido a outros estados para emerxer como o Imperio Maurya. Pensouse que ese imperio controlou a maior parte do subcontinente exceptuando o extremo sur, mais agora pénsase que as súas rexións centrais estaban separadas por grandes áreas autónomas. Os reis maurias son coñecidos tanto pola construción do seu imperio e determinación na xestación da vida pública, como pola renuncia de Asoca, o Grande (r. 273-232 a. C.), do militarismo e da súa promoción do dharma budista.
A literatura sangan, escrita en támil, revela que entre o ano 200 a. C. e o 200 d. C. o sur da península estaba sendo gobernado polas dinastías Cheras, Cholas e Pandias, que comerciaban intensamente co Imperio Romano e co suroeste e o sueste de Asia. Nese período o territorio do país tamén se tornou parte da Ruta da Seda, unha rede de rutas comerciais que unía o Extremo Oriente con Europa. Por esas estradas os comerciantes indios vendían tecidos e especias a mercados de Asia Central, mentres que monxes e peregrinos budistas viñan de China, ata o período das Grandes Navegacións, cando se crearon ligazóns comerciais marítimas entre Occidente e Oriente. No norte da India, o hinduísmo afirmou o control patriarcal familiar, o que levou ao aumento da subordinación das mulleres. Ata os séculos IV e V, o Imperio Gupta creara un complexo sistema fiscal e de administración nas grandes planicies do Ganxes, que se tornou un modelo para reinos indios posteriores. Baixo os gobernos dos Guptas, un hinduísmo renovado baseado na devoción en lugar da xestión ritual comezou a asentarse. A renovación reflectiuse nun florecemento da escultura e a arquitectura, que encontrou patróns entre a elite urbana. A literatura sánscrita clásica floreceu e a ciencia, astronomía, medicina e matemática indias experimentaron avances significativos.
Idade media miniatura|dereita|A gran gopura de granito no Templo de Brihadisvara en Thanjavur foi concluída no ano 1010 por Raja Raja Chola I.
A idade media india, vai dende o 600 ata o 1200, e caracterízase polos reinos rexionais e pola diversidade cultural. Cando o emperador Harsha (r. 606-647) de Kannauj, que gobernou gran parte da planicie do Ganxes entre o 606 ata o 647, tentou expandir o seu territorio cara ao sur, foi derrotado polo gobernante Chaluca do Decán. O seu sucesor, no intento de expandirse cara ao leste, foi derrotado polo rei Pala de Bengala. Cando os Chalucas tentaron expandirse cara ao sur foron derrotados polos Palavas, que pola súa banda opúñanse aos Pandias e aos Cholas, de aínda máis ao sur. Ningún gobernante dese período foi quen de crear un imperio unificado e os territorios baixo o seu control xeralmente non pasaban moito máis aló da súa rexión central. Durante este tempo, pobos de pastoreo cuxas terras tiñan sido liberadas para abrir o camiño á crecente economía agrícola foron acomodados dentro do sistema de castas, así como as novas clases dominantes non tradicionais. O sistema de castas, consecuentemente, comezou a mostrar as diferenzas rexionais.