miniatura|300px|Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós, no concello de Quiroga na serra do Courel. A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo que se estende polos concellos de Folgoso do Courel e Quiroga, na Comarca de Quiroga.

Topónimo A etimoloxía é descoñecida aínda que semella ter unha orixe galaica. Algúns relaciónano co latín: quadru, quadra a partir do diminutivo quadrellu, quadrella que dá o portugués courelo: ‘nesga de terra de cultivo’. Mais está documentado o topónimo Courel dende o ano 1000. Por iso considérase que podería ser unha voz prerromana ligada á orografía.Artigo sobre O Courel no Portal das Palabras da RAG. O topónimo tamén se localiza nos concellos de Riotorto e O Páramo.

Localización e características Ten unha extensión de 21.020 ha con fortes variacións de altitude, que van dende os 400–500 m no val do río Lor a máis de 1600 m nos puntos máis altos como monte Montouto, monte Formigueiros (1643 m) ou o pico de Pía Paxaro (1610 m). O río Lor e os seus afluentes forman ricos vales con diversos ecosistemas que fan que esta serra sexa a reserva botánica máis importante de Galiza. A poboación da zona é escasa e está moi esparexida, de xeito que os núcleos de poboación son moi numerosos e pequenos.Tamén ten importancia a nivel faunístico sendo unha das áreas do país onde se pode atopar o oso pardo.

A Serra do Courel xunto coa veciña Serra dos Ancares forma parte da Rede Natura 2000 (Ancares-Courel) e atópase protexida por diversas figuras como LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) e ZEC (Zona de Especial Conservación). Amais, no seu interior atópase o Monumento Natural do Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós.

Nunha sima desta serra atopáronse os restos humanos máis antigos que se conservan de Galiza (entre 8.000 e 10.000 anos) canda os únicos restos de uro (Bos primigenius) achados en todo o paísDescobren no Courel os restos humanos máis antigos de Galicia, La Voz de Galicia, 12 de marzo de 2010..

Estas terras foron un gran referente nas obras de Uxío Novoneyra, poeta e escritor natural de Parada de Moreda.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1

Courel Categoría:Macizo Galaico Categoría:Folgoso do Courel Categoría:Quiroga Categoría:Pedrafita do Cebreiro Categoría:Topónimos de serras galegas con etimoloxía