O termo Risco adoita referirse a un perigo, dano potencial que pode xurdir por un proceso presente ou acontecemento futuro. Pode referirse a:
Riscos naturais, fenómenos físicos que poden producir un dano no medio ambiente e dar pé a desastres ou catástrofes naturais; Risco ambiental, posibilidade de que se produza un dano ou catástrofe no medio ambiente debido a un fenómeno natural o a unha acción humana; Risco biolóxico (en inglés biohazard), presenza dun organismo ou unha substancia derivada dun organismo, que xera unha ameaza á saúde humana; Avaliación do risco, un dos pasos que se utiliza nun proceso de xestión de riscos; Factor de risco, toda circunstancia ou situación que aumenta as probabilidades dunha persoa de contraer unha enfermidade. Risco, en electrónica, falla nun circuíto lóxico debido a un cambio na entrada; Risco, en arquitectura de computadores, problema potencial que pode ocorrer nun procesador segmentado; Capital risco, en economía, entidades financeiras cuxo obxecto principal consiste na toma de participacións temporais no capital de empresas non financeiras e de natureza non inmobiliaria. Risco bancario, distintos tipos de riscos que afrontan as entidades bancarias cando levan a cabo as súas actividades. Risco financeiro, risco derivado da volatilidade dos mercados financeiros e de crédito.
Como topónimo, pode referirse a:
Fóra de Galiza
En Estremadura Risco, concello da provincia de Badaxoz.
Amais, como apelido, pode referirse a:
Vicente Risco, intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós.
Véxase tamén Outros artigos A Risca, lugar da parroquia do Porriño, no concello do Porriño; Riasco, lugar da parroquia de San Fiz de Paz, no concello de Outeiro de Rei.