Aurelio, nado cara ao 740 e finado no 774, foi un nobre galego, que gobernou en boa parte da Galicia alto-medieval desde 768 a 774, segundo as crónicas afonsinas. As súas orixes son un enigma histórico, A Crónica Albeldense non dá ningún dato sobre a súa ascendencia, e a Crónica de Afonso III, escrita máis de cen anos despois explica que era curmán de Froila I, posiblemente co obxectivo de facelo entroncar con Afonso I e a súa mítica liñaxe real dende Leovixildo. As fontes árabes medievais denomínano rei de Galicia.
Traxectoria Foi elixido pola nobreza para suceder a Froila I, asasinado nunha revolta palatina no ano 768. O seu fillo Afonso (máis tarde Afonso II) foi afastado do trono.
As crónicas transmiten a noticia dos primeiros movementos sociais de contestación antiseñorial da Idade Media peninsular. Os servos erguéronse contra os seus señores, acabando por seren submetidos por Aurelio. A localización desta rebelión é descoñecida, se ben está fóra de dúbida que debeu ter grande importancia, posto que fora rexistrada nas crónicas.
Aurelio faleceu de morte natural, e sen descendencia, en Langreu. Foi sucedido por Silo I, quen casara con Adosinda (prima de Aurelio e filla de Afonso I.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Anselmo López Carreira, Tucho Fernández Calo, Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1. Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003. Anselmo López Carreira, O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8. Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo. Barbosa Álvarez, José Manuel, Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0. Outros artigos Lista de monarcas de Galicia Lista de monarcas de Asturias
Categoría:Reis de Galicia Categoría:Finados en 774