O 22 de xuño é o 173º día do ano do calendario gregoriano e o 174º nos anos bisestos. Quedan 192 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1633 - Remata o xuízo da Inquisición Romana a Galileo Galilei (Pisa 15 de febreiro de 1564 - Arcetri 8 de xaneiro de 1642) 1808 - Sae o primeiro número do xornal Diario de La Coruña por iniciativa da Xunta Suprema de Galicia e dirixido por Manuel Pardo de Andrade 1866 - Ten lugar en Madrid a sublevación do cuartel de San Gil contra a raíña Isabel II de España. 1940 - Hitler asina o armisticio con Francia en Compiègne. 1949 - A Garda Civil mata en Bóveda aos guerrilleiros Manuel Fernández Soto e Bernardo Álvarez Trabajo, resultando malferido Elías López Armesto. 1986 - Comeza a terceira lexislatura da actual democracia en España sendo presidente Felipe González Márquez
Nacementos miniatura|100px|Wilhelm von Humboldt. miniatura|100px|Fannie Hess.
1767 - Wilhelm von Humboldt, lingüista, funcionario, diplomático e filósofo alemán (m. 1835). 1850 - Fanny Hesse, microbióloga e ilustradora (m. 1934) 1856 - Henry Rider Haggard, escritor inglés (m. 1925). 1884 - José Fondevila García, sindicalista e político galego (m. 1973). 1885 - Milan Vidmar, enxeñeiro eléctrico, xogador e teórico do xadrez esloveno (m. 1962). 1887 - Julian Huxley, biólogo e escritor británico (m. 1975). 1909 - Antonio Fernández Pérez, escritor galego (m. 1999). 1936 - Kris Kristofferson, músico e actor estadounidense. 1949 - Meryl Streep, actriz estadounidense. 1952 - Francisco Trigo, arquitecto técnico e político galego. 1958 - Bruce Campbell, escritor, director e actor estadounidense. 1976 - Manuel Gago Mariño, xornalista e profesor galego.
Mortes miniatura|100px|Juana de Vega. miniatura|100px|Ángel de Saavedra.
1144 - Rodrigo Vélaz, conde de Sarria. 1865 - Ángel de Saavedra (duque de Rivas), dramaturgo, poeta e político español (n. 1781). 1872 - Juana de Vega, escritora galega. 1949 - Manuel Fernández Soto (Coronel Benito), guerrilleiro antifranquista galego (n. 1902). 1990 - Ilya Frank, físico soviético (n. 1908). 2007 - Bernd Becher, fotógrafo alemán (n. 1931) 2008 - George Carlin, humorista, actor e escritor estadounidense (n. 1937). 2012 - Juan Luis Galiardo, actor español (n. 1940).
Festas e celebracións Día Internacional dos Bosques Tropicais.
Outros
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Xuño