Fornax ou Forno é unha constelación austral que foi inserida por Nicolas Louis de Lacaille baixo o nome de Fornax Chemica (latín para forno químico).

Mitoloxía Fornax, na mitoloxía romana, foi a deusa do pan e da cocción, aínda que isto non ten nada que ver coa constelación (fornax é só a palabra romana para forno), dado que esta foi creada no 1763.

Estrelas Estrelas con nomes propios: Fornacis (α For) 3,80 Estrelas con designación de Bayer: β For 4,45; γ1 For 6,14; γ2 For 5,39; δ For 4,99; ε For 5,88; ζ For 5,69; η1 For 6,51; η2 For 5,92; η3 For 5,48; ι1 For 5,74; ι2 For 5,84; κ For 5,19; λ1 For 5,91; λ2 For 5,78; μ For 5,27; ν For 4,68; π For 5,34; ρ For 5,52; σ For 5,91; τ For 6,01; χ1 For 6,39; χ2 For 5,71; χ3 For 6,49; φ For 5,13; ψ For 5,93; ω For 4,96

Obxectos notables do espazo profundo Cúmulo de Fornax, cúmulo de galaxias de menor tamaño co Cúmulo de Virgo, a uns 66 millóns de anos luz da Terra. Galaxias espirais NGC 1097, NGC 1365 e NGC 1398. NGC 1316, galaxia lenticular e radiogalaxia. Nebulosa planetaria NGC 1360. Galaxia Anana de Fornax, pequena galaxia que forma parte do Grupo Local e que contén o cúmulo globular NGC 1049.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Fornax Starry Night Photography - Fornax Constellation Star Tales – Fornax

Categoría:Constelacións