San Breixo de Parga é unha parroquia que se localiza ó sueste do concello de Guitiriz, a uns 8,4 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o IGE en 2012 tiña 94 habitantes (46 mulleres e 48 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 114 habitantes.
Patrimonio A capela e a ponte de Santo Alberte sitúanse no medio dunha fraga. A capela é do século XIII mentres que a ponte data do século XIV. Existe tamén unha fonte. Aquí celébrase anualmente a famosa romaxe de Santo Alberte. Parece ser que neste lugar houbo un hospital ao servizo dos peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela.
Demografía
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de San Breixo de Parga
Parroquias de Guitiriz
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Guitiriz
Ligazóns externas San Breixo de Parga na web do concello de Guitiriz
Categoría:Parroquias de Guitiriz Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Breixo