miniatura|250px|Antigo lavadoiro. Un lavadoiro é un lugar destinado ao lavado da roupa.
Antigamente, o lavadoiro era o lugar dentro ou fóra do fogar no que se lavaba a roupa á man sobre unha táboa ou pedra lisa que tamén recibía este nome, moitas veces no mesmo río ou regueiro.
Cos anos, e especialmente en Galicia, os lavadoiros, que adoitaban ser públicos e de uso colectivo, convertéronse nunha construción popular preto das fontes á que as veciñas do lugar acudían a lavar a roupa no que constituía unha actividade de socialización. Estes lavadoiros públicos consistían nunha canle que traía a auga a un ou varios depósitos de granito ou formigón. Ós lados destes depósitos había lousas inclinadas para lavar á man sobre elas. A miúdo contan cunha cuberta sostida por catro ou seis piares de pedra ou obra a xeito de alpendre. As cubertas adoitan ser a catro augas con dúas tesoiras de madeira.
O número de lavadoiros medrou nas aldeas especialmente no século XX, antes da chegada da lavadora individual.
Unha veciña do Grove, usuaria durante toda a súa vida dun destes lavadoiros tradicionais, relatou o labor de lavar a roupa á man, que foi resumido así:
Nun fogar moderno, un lavadoiro está equipado cunha lavadora e unha secadora automáticas, e a miúdo un lavabo grande para lavar á man os artigos delicados, así como unha táboa de pasar o ferro. Moitas veces o lavadoiro áchase no soto das vivendas, mais en moitas casas modernas pódese atopar no piso terreo preto da cociña ou no sobrado preto dos cuartos.
Notas
Galería de imaxes
Véxase tamén
Outros artigos
Lavadoiro (curtametraxe)
Categoría:Arquitectura popular Categoría:Elementos arquitectónicos Categoría:Edificacións por tipo