O aeroporto Adolfo Suárez Madrid–Barajas,Páxina do aeroporto en AENA. Consultada o 25 de marzo de 2014 antes coñecido como aeroporto de Madrid-Barajas, é un aeroporto público español xestionado por AENA, situado nas inmediacións da cidade de Madrid, a capital de España. É o primeiro aeroporto español por tráfico de pasaxeiros, carga aérea e operacións, así como o cuarto de Europa por número de pasaxeiros e undécimo do mundo.

As terminais localízanse no termo municipal de Madrid, pero o campo de voos esténdese tamén por Alcobendas, San Sebastián de los Reyes e Paracuellos de Jarama. Construído sobre un campo de leitugas, entrou en servizo o 22 de abril de 1931, aínda que houbo voos de proba nos terreos onde se asentaría o aeroporto desde 1928.

É o principal aeroporto de España e o que ten o maior número de voos directos a Hispanoamérica de todos os aeroportos europeos. A ruta aérea Madrid-Barcelona, coñecida como "ponte aérea" e que ten un dos seus extremos en Madrid–Barajas e no outro en Barcelona–El Prat, é a que ten maior número de voos á semana de todo o mundo.

En 2007 viaxaron polo aeroporto 52,1 millóns de pasaxeiros, situándose no décimo posto a nivel mundial e o cuarto de Europa por número de pasaxeiros.

O día 24 de marzo de 2014, o aeroporto pasa a ter o nome de aeroporto Adolfo Suárez Madrid–Barajas, en homenaxe ao antigo presidente do Goberno de España Adolfo Suárez, finado un día antes.http://www.elmundo.es/madrid/2014/03/24/5330191522601db47e8b4574.html

Localización e comunicacións miniatura|220px|Zona preembarque Terminal 4 e galería comercial

O aeroporto sitúase ao nordeste de Madrid, no distrito de Barajas, aínda que o sistema aeroportuario esténdese tamén polos municipios de Alcobendas, San Sebastián de los Reyes e Paracuellos de Jarama. A T4, a máis recente, está separada máis de 2 quilómetros das terminais T1, T2 e T3. Para a comunicación entre todas as terminais, AENA dispuxo un servizo de balde de autobús (Airport Shuttle).

Á súa vez, os dous edificios dos que se compón a Terminal 4: a principal e a satélite, ao estar separadas por máis dun quilómetro e ter entre elas unha das pistas, están comunicados por un tren pneumático eléctrico sen condutor que realiza o percorrido por unha galería subterránea.

Acceso en taxi miniatura|220px|Terminal 4 miniatura|Boeing 767 de American Airlines no aeroporto. Todas as terminais dispoñen de paradas de taxi no exterior das áreas de chegadas correctamente sinalizadas. En xaneiro de 2014 implantouse unha tarifa fixa de 30 € para os traxectos con orixe desde ou ata o aeroporto ata o interior da M-30.Nova tarifa de taxi ata o aeroporto.

Acceso en autobús miniatura|220px|dereita|Entrada Planta Superior. Saída Planta Inferior A forma máis barata e cómoda de acceder ao aeroporto desde a cidade é en autobús. A liña 200 da EMT conecta o Intercambiador de Avenida de América con Canillejas e as terminais T1-T2-T3 e T4, respectivamente. Os autobuses que operan a liña 200 están deseñados especificamente para este traxecto, dispoñen de portavultos e operan entre as 05:00 e as 24:00 h, un horario moito máis amplo que o resto de liñas da EMT. A liña 101 une as terminais 1,2 e 3 do aeroporto co Centro histórico de Barajas por un extremo e co intercambiador de Canillejas polo outro. As tarifas das liñas 200 e 101 son as mesmas que para o resto da rede da EMT (1,5€ o billete sinxelo que baixa a 1,20€ con metrobús).

Anteriormente existía unha liña (a 89) de autobús que comunicaba o aeroporto coa praza de Colón en Madrid, pero foi eliminada pouco despois de que a liña que parte desde Avenida de América comezase a prestar servizo.

Desde novembro de 2010, existe unha nova liña de EMT, a Liña Exprés Aeroporto, que sae da estación de Atocha, con paradas en: Praza de Cibeles e O'Donnell. Desde alí vai directamente ao aeroporto de Barajas con parada nas terminais 1, 2 e 4. A liña funciona 24h ao día, 365 días ao ano cunha tarifa de 5 euros por persoa (non son válidos nesta liña nin os metrobús nin os abonos transporte ou turísticos). De noite, a cabeceira está na Praza de Cibeles, conectando con todas as liñas de autobuses nocturnos de Madrid.

Outras liñas do Consorcio Rexional de Transportes conectan as distintas terminais con municipios próximos: 822: T1 - Coslada - San Fernando de Henares 824: T2 - Torrejón de Ardoz - Alcalá de Henares 827: Canillejas - T4 - Alcobendas - Universidade Autónoma de Madrid - Tres Cantos 828: Canillejas - T4 - Alcobendas - Universidade Autónoma de Madrid

Acceso en metro

miniatura|T1 miniatura|Zona de embarque da T3 A Liña 8 do Metro de Madrid (Nuevos Ministerios-Aeroporto T4) une a estación de Novos Ministerios coas terminais do aeroporto en 20 min.

Existen 2 estacións no aeroporto, a que dá servizo ás terminais antigas (aeroporto T1-T2-T3, situada no Terminal T3) e a da nova área terminal (aeroporto T4). Para entrar ou saír de calquera das dúas estacións é necesario un suplemento de 3€ que pode comprarse por separado ou engadirse ao abono correspondente. Os usuarios de Abono Transportes non pagan suplemento.

Barajas, do mesmo xeito que o aeroporto de Heathrow (Londres), é un dos dous únicos aeroportos europeos con varias estacións de metro, no caso de Barajas, con dúas, no de Heathrow, tres.

No caso da ampliación do metro ata a T4, existiu unha disputa política entre a Comunidade de Madrid e o Ministerio de Fomento sobre quen era a administración competente para levar a cabo esta ampliación da liña 8, estando no fondo a discrepancia sobre quen debía financiar as obras. Finalmente, a Comunidade de Madrid decidiu recorrer ao financiamento privado e sacou a concurso as obras en febreiro de 2006, sendo adxudicadas en abril de 2006. Así, a explotación e construción do novo tramo adxudicouse a unha concesión privada durante vinte anos, inaugurándose o 3 de maio de 2007 e incorporando o suplemento antes citado para chegar á nova terminal neste medio de transporte. Para que os viaxeiros das catro terminais estean en igualdade de condicións, os viaxeiros que suban na parada das T1-T2-T3 tamén pagan o suplemento.

Acceso por ferrocarril Desde o día 23 de setembro de 2011, a Terminal 4 ten estación de Renfe. Pertence á liña C-1, a cal conecta a T4 coa Estación de Chamartín e que ten parada en Fuente de la Mora (conexión coa liña de Metro de Madrid ML1, xa en servizo) e continúa ata a Estación de Príncipe Pío efectuando parada, ademais de nas estacións xa mencionadas (Fuente de la Mora e Chamartín), en Nuevos Ministerios, Recoletos, na Estación de Atocha, Méndez Álvaro (con conexión coa Estación Sur de autobuses de Madrid), Delicias, Pirámides e Príncipe Pío. O percorrido completo de toda a liña é de 40 minutos. Nun futuro, se planea levar o AVE ao aeroporto.

Desta forma, o Aeroporto de Barajas quedará integrado, non só na rede de Proximidades Madrid, senón tamén nas redes AVE e de Longo Percorrido de RENFE.

Tráfico e estatísticas O número de pasaxeiros Apréciase nos últimos anos un incremento considerable no número de pasaxeiros de voos internacionais, permanecendo esa cifra estable de 2007 a 2009 e incrementándose novamente en 2010 e 2011 con incrementos porcentuais dun 6,1 % e un 4,6%, respectivamente. Con todo, desde 2007 reduciuse o número de viaxeiros de traxectos nacionais, coincidindo coa progresiva posta en servizo de liñas ferroviarias de alta velocidade (LAV) a Málaga, Barcelona e Valencia. En 2010 o número de viaxeiros nacionais descendeu un 1,4 % e en 2011 reduciuse de novo nun 9 %. Barajas creció un 2,9% en pasajeros en 2010, pero perdió 0,3% tráfico aéreo. Barajas perdió en 2011 un 0,4 % en pasajeros y un 1 % de vuelos, pero creció en carga.

A cifra máis alta de pasaxeiros nun mes no aeroporto de Barajas rexistrouse en xullo de 2007, con 5 011 924 pasaxeiros (2 145 349 en traxectos nacionais e 2 866 575 en traxectos internacionais). Xaneiro e febreiro adoitan ser os meses cun menor número de viaxeiros, con 3 412 101 pasaxeiros en xaneiro de 2010 e 3 107 963 en xaneiro de 2009.

Na táboa seguinte detállase o número de pasaxeiros en Barajas, segundo datos do Ministerio de Fomento: Tráfico por aeroportos

Exercicio Total Pasaxeiros Trax. nacionais Trax. internacionais 2013 39 661 478 11 952 232 27 709 246 2012 45 102 128 14 486 737 30 615 391 2011 49 542 117 17 095 150 32 446 967 2010 49 632 904 18 702 156 30 930 748 2009 47 950 995 18 884 879 29 066 116 2008 50 501 156 20 714 149 29 787 007 2007 52 789 619 22 767 156 29 022 463 2006 45 158 242 20 589 801 24 568 441 2005 41 560 552 19 567 545 21 993 007 2004 38 121 423 18 168 317 19 953 106 2003 35 359 101 17 218 633 18 140 468 2002 33 677 304 16 437 685 17 239 619

Estatísticas da ruta + Rutas internacionais máis transitadas Madrid-Barajas (2011) Posto Cidade Pasaxeiros Compañías Aéreas 1 Roma–Fiumicino (Italia) 1 282 044 Alitalia, Iberia, Air Europa, EasyJet 2 Londres–Heathrow (Reino Unido) 1 190 486 British Airways, Iberia. 3 París–Orly (Francia) 1 182 049 Iberia, Air France, Air Europa. 4 Lisboa (Portugal) 1 178 818 Iberia, EasyJet, TAP, Air Europa. 5 Ámsterdam (Países Baixos) 1 115 446 EasyJet, Iberia, KLM, Korean Air Lines, Air Europa. 6 París–Charles de Gaulle (Francia) 1 084 650 EasyJet, Vueling, Air France, Air Europa. 7 Frankfurt (Alemaña) 950.205 Iberia, LAN Airlines, Lufthansa. 8 Bos Aires–Ezeiza (Arxentina) 831.528 Iberia, Aerolíneas Argentinas, Air Europa. 9 Londres–Gatwick (Reino Unido) 796.856 Air Europa, EasyJet, Ryanair 10 Nova York–JFK (Estados Unidos) 716.540 Air Europa, American Airlines, Delta Air Lines, Iberia. 11 Múnic (Alemaña) 674.383 Iberia, Lufthansa. 12 Bruxelas (Bélxica) 580.076 Brussels Airlines, Iberia. 13 Xenebra (Suíza) 576.344 EasyJet, Swiss, Air Europa, Iberia. 14 Milán–Malpensa (Italia) 566.429. Iberia, Easyjet, Air Europa. 15 Lima (Perú) 542.098. Air Europa, Iberia, LAN Perú. 16 São Paulo–Guarulhos (Brasil) 514.803. Air China, Iberia, TAM Airlines. 17 Caracas (Venezuela) 507.419. Air Europa, Iberia, Conviasa, SBA Airlines 18 Cidade de México (México) 498.256 Aeroméxico, Iberia, Air Europa. 19 Zürich (Suíza) 498.044 Iberia, Swiss, Air Berlin 20 Miami (Estados Unidos) 475.249 Air Europa, Iberia, American Airlines 21 Porto (Portugal) 443.789 Air Europa, Iberia, TAP, Ryanair 22 Venecia (Italia) 436.816. Air Europa, Iberia, Alitalia. 23 Bogota (Colombia)387.731 . Avianca, Iberia. 24 A Habana (Cuba) 374.075. Air Europa, Cubana de Aviación. 25 Atenas (Grecia) 358.865 Iberia, Aegean Airlines. 26 Santiago de Chile (Chile) 358.381. Iberia, LAN Airlines. 27 Santo Domingo (República Dominicana) 337.897. Air Europa. 28 Milán–Linate (Italia) 330.353. Iberia, Alitalia. 29 Dublín (Irlanda) 321.924. Iberia Express, Ryanair, Aer Lingus. 30 Istambul–Atatürk (Turquía) 321.418. Turkish Airlines. 31 Tel-Aviv (Israel) 308.485. Iberia, El-Al. 32 Charleroi (Bélxica) 307.658 Ryanair 33 Copenhague–Kastrup (Dinamarca) 307.003 Iberia, SAS, Norwegian Air Shuttle 34 Boloña (Italia) 286.117. Iberia, Ryanair. 35 Düsseldorf (Alemaña) 284.923. Iberia, Germanwings. 36 Berlín–Tegel (Alemaña) 278.762. Iberia, Lufthansa, Air Berlin, EasyJet. 37 Praga (República Checa) 277.752. CSA, Wizzair. 38 Cancún (México) 264.168 Air Pullmantur, Air Europa, Orbest Orizonia Airlines 39 Casablanca (Marrocos) 259.506 Iberia, Royal Air Maroc, EasyJet, Ryanair 40 Guayaquil (Ecuador) 251.873 Iberia, LAN Ecuador

Características técnicas Operativas O aeroporto de Madrid-Barajas é un aeroporto H24 (aberto 24 horas) pero as operacións nel sofren algunhas restricións. Está prohibido o seu uso por aeronaves sen radiocomunicación e helicópteros. As aeronaves de aviación xeral lixeiras de menos de 70 pasaxeiros (excepto cargueiros) non poden operar entre as 6:00 e as 22:00, operando, polo xeral, no aeroporto de Madrid-Torrejón.