Arboga é unha cidade no centro de Suecia, o núcleo principal do concello de Arboga, no condado de Västmanland. No ano 2017 tiña unha poboación de 13 934 habitantes.

As primeiras referencias á cidade chegan a 1286, xa que durante a Baixa Idade Media foi unha das vilas máis importantes do reino. O primeiro parlamento de Suecia (Riksdag) xuntouse en Arboga en 1435. Hoxe a cidade é un centro de comunicación e as autoestradas europeas E18 e E20 converxen nela.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Web oficial de Arboga (en sueco)

Categoría:Cidades de Suecia Categoría:Condado de Västmanland